Reaccións á Independencia: Feijóo advirte que “están fóra da lei”, En Marea critica o 155 e o BNG recoñece a República catalá

Feijóo advirte de que os gobernos "fóra da lei" como o da Generalitat "non poden seguir gobernando". En Marea considera un “grave erro antidemocrático” que Goberno español fulmine a lexítima representación do pobo catalán co 155 e o BNG recoñece a "lexitimidade" da República Catalá e critica o "profundo erro" de intervir o goberno.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

División de opinións en Galicia tras a declaración unilateral de independencia en Cataluña. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo advertiu este venres de que os gobernos "fóra da lei" como é o caso do da Generalitat "non poden seguir gobernando" e recoñeceu a súa preocupación pola declaración unilateral de independencia aprobada no Parlament.

Celebración  no referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Nuñez Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo en Cataluña / Miguel Núñez.
Celebración no referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Nuñez Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo de independencia en Cataluña / Miguel Núñez. Referendo en Cataluña / Miguel Núñez.

En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Redondela (Pontevedra), Feijóo admitiu estar preocupado, "como todos os cidadáns e como todos os demócratas", e pediu deixar ao Goberno de Mariano Rajoy que avalíe "a autorización do 155 por parte do Senado". O presidente galego avogou por deixar actuar ao Executivo central "como vén actuando sempre, con responsabilidade, con proporcionalidade, e sabendo que estamos nun momento histórico".

Segundo lembrou, "lamentablemente", o Goberno de Puigdemont incumpriu "todas as leis posibles: a Constitución, o Estatuto, os requirimentos, as sentenzas do Tribunal Constitucional e a normativa europea", polo que é "un goberno fóra da lei". "E os gobernos fóra da lei non poden seguir gobernando", sentenciou.

Pola súa banda, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, tamén expresou a súa "preocupación" pola situación de Cataluña e porque "se vulneraron os dereitos parlamentarios". Así, sinalou que "todo isto arrinca naquel momento en que non se deu voz aos parlamentarios", en alusión á aprobación da lei do referendo o pasado 6 de setembro.

En Marea

Pola súa banda, o voceiro de En Marea, Luís Villares, considera “un grave erro democrático a decisión tomada polo Goberno español”. “A utilización espúrea do artigo 155 para suprimir o autogoberno de Cataluña e fulminar aos lexítimos representantes do pobo catalán escollidos democráticamente tanto na figura do seu Goberno como do seu Parlamento, vulnera calquera regra de xogo democrático” denunciou.

Un home mostra un cartel no centro de Barcelona a prol da permanencia de Cataluña en España
Un home mostra un cartel no centro de Barcelona a prol da permanencia de Cataluña en España | Fonte: Miguel Núñez.

Para En Marea é o momento de deter esta situación e recoñecer a lexitimidade tanto do Parlament como do seu Goberno como lexítimos interlocutores á hora de resolver un conflito co Estado que ten natureza política e polo tanto require unha solución política. En Marea insiste en que a única vía é o diálogo para buscar unha solución pactada que se debe traducir nun referendo pactado no que se poda expresar con garantías a vontade do pobo de Cataluña.

“Se non é contamos co marco constitucional suficiente teremos que ir a un proceso constituínte onde caiba o recoñecemento pleno do dereito a decidir, neste caso do pobo de Cataluña e onde se respecte o contido da súa decisión. Pero débese de facer dun xeito dialogado e pactado” salientou Villares.

Así mesmo asegurou que “non é asumible en termos democráticos que ante un conflito de natureza político, unha das partes decida fulminar a outra de xeito político mediante a anulación da capacidade de autogoberno tanto no executivo como no lexislativo de Cataluña”. “Non é lexitimo suplantar a vontade democrática mediante unha imposición unilateral por parte do Goberno do Estado da asunción dunha representatividade que non lle corresponde e que non ten raíz democrática” engadiu.

 

BNG

A Executiva Nacional do BNG recoñeceu "a lexitimidade democrática" da proclamación da República Catalá "seguindo o mandato popular" do referendo do pasado 1 de outubro. Nun comunicado, a formación rexeitou a aplicación do artigo 155 da Constitución e a "decisión de intervir o goberno catalán", que é "un profundo erro, sen precedentes e con gravísimas consecuencias no presente e no futuro".

En concreto, advirten de que esta medida avanza nunha "situación de involución democrática" que non só afecta o recoñecemento nacional de Cataluña, Euskadi e Galicia e ao dereito á autodeterminación, senón cara a "un retroceso e recentralización" e "perda de dereitos e liberdades básicas", como a liberdade de expresión, de reunión ou manifestación.

Por iso, o BNG cre que Galicia, á súa vez, "necesita da superación" do actual marco político "para a súa supervivencia política e material", á vez que o Estado español "debe recoñecer a vontade maioritaria do pobo catalán" e os dereitos "inherentes ao resto de nacións sen estado".

"Desde o Bloque Nacionalista Galego seguiremos traballando para que Galicia acabe conquistando a plena capacidade de decidir exercendo a súa soberanía como nación", conclúe.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Desiderio

O BNG come da man do p$$$o€€€xpañolisimo, co mesmo p$$$o€€€xpañolisimo aliado do fascismo en Catalunya!!! Outros tan falsos ou máis que os de Podemos!!! O BNG apoia directamente o expañolismo, a monarquía bananeira, o oligopolio expoliador e o réxime do 78. Moito bla, bla, bla... E logo pactan co p$$$o€€€xpañolisimo.... Noxo de vendidos do BNG!!!

5 anonimo

O BNG imaxínase a si mesmo coma o auténtico poder en Galicia. Viven nun ha burbulla na que eles son os que mandan, ou polo menos, os que deberían mandar; imaxínanse que son os gobernantes dun Estado hipotético e futuro. Pouco importa que a metade dos cataláns non estén a prol da independencia, ou que o referendum non tivese garantías. Eles, a UPG, son o futuro.

1 M. Meixide

"A metade dos cataláns"? Contáchelos ti, ou non serás ti e os teus os que impidides que se conten con legalidade e garantías? Parece que a ti a democracia só che presta cando gañan os teus: a túa presunta "metade" dos que queren quedarse teñen máis dereito a decidir sobre a outra suposta " metade" que desexa irse? Eu, que non teño dotes de adiviño, descoñezo quen vai ser o futuro, nin agardo que sexa a UPG, agora ben, de quen representa o pasado franquista non teño dubidas: ti mesmo! E por riba vas dando aulas de demócrata!

2 anonimo

Os que votaron si no referendum foron o 38 % do censo. Están contados. Eu non teño nada que ver co franquismo. Cando un citica a estalinista UPG, a reacción automática é dicir que a crítica é facha. Pois non.Os que estamos en contra da UPG non somos todos fachas. Hai moitas opcións. A república catalá non a recoñeceu ninguén, nen Italia, a UE ou Usa; pero , eso, si seica a " recoñeceu" o BNG, que se imaxina a si mesmo ao frente dun Estado galego, Repito, viven nunha burbulla.

3 M. Meixide

Non repitas tanto, fedes a cebola! Se tes un problema coa UPG-BNG, procura que un profesional da saúde ou da política --como os aludidos-- cho resolva. Sobre o referendo, o dito: non contou con garantías por culpa de xente coma ti e os teus amados e non criticados (PPsoE e Ciudadanos). A porcentaxe dos que votaron NON foron... (non o digas, non dagas o ridículo), e nun referendo gaña a maioría (hai leis básicas refrendadas con porcentaxes semellantes). E o recoñecemento, non coidas excesivo e temperá (hai certos apoios internacionais que agardan...), sinala eivas non só na nova República, tamén nos recoñecedores (a democracia de mercaderes da UE e de USA). Os representantes soberanistas en Catalunya son maioría, se non o admites non es demócrata. Sinxelo, verdade!

4 Cachondeo

Y si les dejamos votar el problema no es que voten el problema es el miedo que tenéis de que gane el irse de españa si no fuera así no tendríais tanto miedo a un referéndum en Quebec lo hicieron en Escocia también y no pasó nada.dejenoslrs votar sin miedo y si se van pues a seguir trabajando para que nadie tenga que irse

4 Benejá

O benejá cos golpistas cataláns mentres telenovela a boca chea coa palabra democracia. Vendo a quen apoian: dictadores como Maduro, terroristas de Bildu.... o que é raro e que existan descerebrados que o se voten.

3 Fuilikp

Pontona, un año de estos vas a tener que ponerte a trabajar.

1 Lliure

Fuilikp y tu también deberías está muy feo vivir a tus años de los des ce re brados de tus padres

2 Gamela

En Marea - Podemos - EU - deberan revisar que entenden por DEMOCRACIA !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat... O BNG está máis co Val de Arán que coa República Catalana!

1 Pondaliao

E o Celta décimo e o Deportivo décimosexto