GC Aberto
Temas: CATALUñA

Somos Quen parabeniza ao pobo catalán tras a declaración da independencia

Comunicado de Somos Quen ao fío da declaración de Independencia de Cataluña.

Por BGG | GC ABERTO | 29/10/2017

Comparte esta noticia

Nunha sociedade onde a política do sistema (derivada do réxime do 78) está pensada para o 1% de privilexiados sobre o restante 99% da poboación, non hai nada máis democraticamente rupturista que deixar que a xente fale nas urnas, e as urnas falaron en Cataluña e apostaron pola independencia, polo que desde Somos Quen non queremos deixar pasar a ocasión de parabenizar ao bravo pobo catalán, manifestándolle a nosa solidariedade e apoio a una sociedade que, facendo valer o seu dereito a decidir, fixo posible que o 27 de outubro fora un día histórico, o día no que o Parlament aprobou a resolución para declarar a independencia de Cataluña.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Triunfou así a vontade da poboación fronte á de quen a quería demonizar e fulminar: Calquera conflito político hai que solucionalo politicamente, non a través da xudicalización, a represión e a criminalización. En democracia, os conflitos deben solucionarse con máis democracia.

Aqueles/as que pretendan amordazar á sociedade coa violencia do estado, por moi legal que nola pretendan vender, estarán condenados/as a ser derrotados/as por ese mesma cidadanía.

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

1. So o 38 % do censo electoral votou en Cataluña a prol da indpendencia. 2. O sistema político actual non está pensado para un 1% de " privilexiados". Eso sería no século XIX. Hai una cousa que se chama estado de benestar que consiste en sanidade e educación gratuitas, seguro de paro, e pensións. Eso é para todos. 3. ¿ Seguimos ca trécola dos panfletos decimonónicos ? Serguimos ca leira das masas famentas e catro capitalistas barrigudos coma se vivisemos fai 150 anos.

1 A verdade

1200000 persoas polo baixo a prol da democracia, na contra dos golpistas e por unha Cataluña próspera.... E neste panfleto silénciase....viva o rigor e a ética periodística!!! Panfleto ao servido do nacionalismo!!! Bravo por vós!!!

1 A Liberdade

2.044.038 votos SI pola independencia, pola liberdade, pola decencia, contra a corruPPción, contra o neofascismo do PPsoE e Ciudadanos e a peste borbónica. Os nazionalistas españoles hoxe eran 300.000, contados por fontes oficiais, non parciais (policía municipal), moitos vidos de España cun billete pago e un trapo de cores na man comprado nos chinos. Que medo, cando o 21D volte arrasar o soberanismo e Merkel aceite a vontade do pobo catalán!