Coñece as persoas que dirixirán o novo PSdeG

Gonzalo Caballero compón unha executiva con 49 persoas que finalmente presidirá Leiceaga. Iván Puentes será o novo secretario de Política Municipal, que contará cun equipo de catro alcaldes coa vista posta nas locais

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/10/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compuxo unha executiva composta por un total de 49 persoas, das que 30 ocupan áreas específicas e outras 19 asumen secretarías executivas sen departamento asignado. Após unhas negociacións que se prolongaron durante toda a noite, finalmente o portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, será o presidente.

Gonzalo Caballero, Touriño y Laxe en el congreso del PSdeG
Gonzalo Caballero, Touriño y Laxe en el congreso del PSdeG

Diso deron conta a Europa Press fontes socialistas, que concretaron que após Leiceaga e o propio Caballero haberá tres vicesecretarías. A primeira delas, a Política, é para o avogado coruñés Pablo Arangüena, moi afín a Caballero; mentres a de Sustentabilidade recae en Marta Freire, de Moaña (Pontevedra), e a de Igualdade, en Icía García, de Meaño (Pontevedra), do sector do que é Leiceaga a súa cara visible.

A continuación, o deputado lucense José Antonio Quiroga sitúase á fronte de Organización; Martín Seco, de Arteixo (A Coruña), levará Acción Electoral; e os vigueses Alberto Monedero e Dolores Villarino, da máxima confianza do novo xefe de filas do PSdeG, afrontan a nova secretaría de Militancia e a de Política Institucional, respectivamente.

En paralelo, a área de Política Municipal recae en Iván Puentes, tamén da órbita do portavoz parlamentario, que compón equipo cos rexedores de Vilagarcía (Pontevedra), Alberto Varela; Ames (A Coruña), José Miñones; Burela (Lugo), Alfredo Llano; e Carballiño (Ourense), Francisco Fumega. Os catro ocuparán secretarías executivas dependentes do exrexedor de Fene que hoxe é concelleiro en Pontevedra.

RESTO DA EXECUTIVA

Por detrás, sitúanse Bruno Díaz (Economía), Marina Ortega (Política Social), Paloma Castro (Xustiza), Concepción García (Movementos sociais), Ana Prieto (Estudos e Programas), Rafael Rodríguez Villarino (Formación) e Juan Carlos Francisco Rivera (Dereitos e Liberdades).

Xoaquín Fernández Leiceaga y Gonzalo Caballero (PSdeG)
Xoaquín Fernández Leiceaga y Gonzalo Caballero (PSdeG)

Pechan Diego Taibo (Ordenación Territorial), Noa Díaz (Cultura), Miguel Bautista (Emigración), María José Gerpe (Pesca), Elvira Lama (Comercio), Juan Evaristo Rodríguez (Sanidade), Luis Álvarez (Educación), Iván Castro (Mocidade) e José Jaime González do Río (Medio Rural).

PARIDADE?

Aínda que nesta parte do equipo directivo do PSdeG, composto por unha trintena de persoas, figuran 20 homes, as 19 vocalías están concibidas maioritariamente por mulleres, pois só cinco homes figuran neses postos.

OUTROS ÓRGANOS

Finalmente, os sete designados para o Comité Federal son o propio Leiceaga; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no que supón un achegamento a Vigo; e a compostelá Lupe Rodríguez Silva. Tamén irán a Madrid a ferrolá Beatriz Sestayo, a ourensá Concepción García Lozano, o novo secretario de Organización e Jesús López Bouzas, do sector crítico de Vigo.

Na comisión de control económico sentarán a barbancesa Teresa Porrit como presidenta, José Luis Fernández Piñeiro como secretario e Alicia Lago, Esteban Sánchez Mantiñan e Juanfran Martínez Canosa.

INTEGRACIÓN?

Á marxe do acordo que finalmente se pechou á primeira hora desta mañá co equipo de Leiceaga e de achegamento, entre outros, ao sector oficial de Vigo, fontes do equipo de Juan Díaz Villoslada, quen competiu con Gonzalo Caballero nas primarias, queixáronse a Europa Press da falta de integración nos órganos directivos do partido.

Iván Puentes, líder de Enesegá
Iván Puentes, líder de Enesegá
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 aquel

Ivan Puentes vai levar a Gumersindo galego de asesor?

1 Tadetas

Non , vai levar a Juventino