Gonzalo Caballero apela a recuperar o "músculo" na rúa para que o PSdeG sexa alternativa

Aposta por recuperar territorio nas municipais fronte á dereita e critica duramente a "demagoxia" das 'mareas'. Ignora ao BNG e, en alusión a Cataluña, destaca que os socialistas cren "no imperio da lei e no diálogo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2017 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O recentemente proclamado secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou a que o partido recupere "músculo" na rúa a través do contacto coa "sociedade civil e o activismo" que pide en Galicia un "cambio" político que debe "encabezar" o socialismo galego. "Só haberá cambio político en Galicia se o lidera o PSdeG", aseverou.

Gonzálo Caballero xunto a Pedro Sánchez en Santiago
Gonzálo Caballero xunto a Pedro Sánchez en Santiago | Fonte: Europa Press

O economista vigués, vencedor das primarias do pasado 8 de outubro, interveu na mañá deste domingo no XIII Congreso do PSdeG celebrado en Santiago e que foi clausurado polo secretario xeral socialista, Pedro Sánchez.

Caballero volveu a incidir, como xa fixo na xornada do sábado, en que o socialismo galego conforma un "exército imparable" que debe "liderar" unha "coalición social de progreso" á que han de sumarse "outras opcións políticas detrás", así como os colectivos sociais que piden "unha alternativa" á dereita en Galicia.

Todo iso, segundo o líder dos socialistas galegos, sendo "coherentes coa historia do partido" e cun proxecto "galego e galeguista" que estea "en sintonía" coa dirección federal do partido pero que goce de "capacidade de acción propia".

"Temos que estar orgullosos da historia do PSOE e o PSdeG. Pero tamén con ganas de estar na rúa, na sociedade civil e no activismo. Se perdemos o músculo político a dereita seguirá reinando no país con maiorías absolutas", aseverou Caballero no seu discurso.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: galiciaartabriadigital.com

Para o vigués, nesta nova etapa que abre o PSdeG, o partido ten que "impregnarse dos signos de modernidade" e "adaptarse aos novos tempos" para, deste xeito, "encarar o futuro" e ser quen de aproveitar "o círculo electoral ascendente" aberto após as primarias federais nas que Pedro Sánchez se impuxo á presidenta andaluza Susana Díaz.

"CAMBIO NECESARIO" EN ESPAÑA

Caballero, que naqueles comicios internos se situou publicamente ao lado de Sánchez, asegurou que España necesita "un cambio político" para afrontar os "problemas profundos" dun país "inmerso na corrupción xeneralizada" que debe implementar "reformar políticas e económicas con maior sensibilidade social".

"O cambio vaise a producir co impulso do socialismo. Pedro (Sánchez), imos cambiar o Goberno de España", incidiu; para logo lembrar que, nos anos 80 con Felipe González e nos 2000 con José Luís Rodríguez Zapatero, o PSOE foi quen de aproveitar un escenario de "recuperación electoral" para chegar ao Goberno. "Estamos chamados a facelo", apostilou.

Caballero tamén fixo referencia ao conflito en Cataluña co proceso independentista impulsado desde a Generalitat. Deste xeito, remarcou que o PSOE defende un internacionalismo "que non quere fronteiras": "Os socialistas non somos nacionalistas nin independentistas. Cremos no imperio da lei e no diálogo", incidiu, aínda que os socialistas gobernan varios concellos e dúas deputacións en colaboración cos nacionalistas do BNG.

MODELO DE PARTIDO "MÁIS ABERTO"

A continuación, apelou a lograr "un modelo de partido máis aberto, activo e presente na sociedade" que sexa quen de "recuperar o protagonismo na vida galega" para que o PSdeG "marque a folla política do país".

"Somos moi transparentes e abertos. Somos o partido da participación", asegurou, para logo contrapor esa idea á "demagoxia" coa que funcionan outros partidos, en clara alusión a Podemos, que denominan "círculos" que en verdade, para Caballero, esconden estruturas "xerárquicas".

MUNICIPAIS DE 2019

Caballero puxo as eleccións municipais previstas para 2019 como primeiro reto en horizonte desta nova etapa do socialismo en Galicia. Nestes comicios, o vigués instou aos cargos e aos militantes a ser capaces de lembrar á cidadanía "a capacidade de goberno" que o partido demostrou "ao longo da historia".

Ademais, continuou, o socialismo debe "dicir á cidadanía" que constitúen a "mellor opción" fronte á dereita do PP e á "demagoxia e a ineficacia" da esquerda, en referencia as 'mareas' que gobernan cidades como Santiago, A Coruña ou Ferrol.

"TODO SOMOS NECESARIOS"

"Acertaremos e fallaremos. Hai que entender que o PSdeG o construímos entre todos. Hoxe tócanos a nós, despois virán outros", remarcou, para logo instar a "aproveitar este tempo" para "construír país" e facer do partido un proxecto "ilusionante".

"Todos somos necesarios, máis descontentos ou menos. Pero hai que entender que todos somos instrumentos ao servizo dunha causa: o cumprimento co interese xeral dunha cidadanía galega que nos está esperando", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

8 PiPisoE

Músculo dín, os esqueletes non teñen pílila, non teñen pílila!!!!!

7 Liberdade vixiada

No PsoE sodes uns fascistas, así de duro, así de claro! Ides da man do franquista Rajoy e do neofascio Rivera, sodes os mesmos cans do réxime do 78, os mesmos traidores da República, da Esquerda, do antimilitarismo e do dereito á autodeterminación dos pobos. Sodes os herdeiros de Franco, dos Gal, da OTAN, dos oligopolios e dos Borbóns. E o Beneguai, que tanto poder vos dá a cambio de amamantar catro carguiños, é a vosa marca branca, traidores e vendidos do BNG, aliados do fascismo do PsoE. E aínda as Mareas de Podemos quere ser cómplice da entrega... Espabilemos: o PsoE, fora maquillaxe, é igual de Esquerda e democracia que o Partido Podre: cero!!!

6 Que se beixen!

"Critica duramente a "demagoxia" das 'mareas'. Evita criticar ao BNG". Qué sorpresa, o PsoE ataca á unidade popular pero respecta aos seus aliados e subordinados benegallos. Quen o podería imaxinar?

1 Reborainasworld

Déixate de chorradas e pensa algo. Por favor, que discursos máis rancios e simplistas. Agás que sexas un troll non están os tempos para andar sementando máis disensión entre a progresía ou o que sexa nacionalista/galeguista. Mareas e bloque son o que temos e unidos sumarían ben máis.

2 Reborainasworld

Se critica ás Mareas é porque son as que poden, e agardo que así sexa, lle poden quitar votos ao seu partido. Menos vísceras e máis neuronas. Sempre e cando non sexas un troll.

5 anonimo

E aos de dereitas, tanto criticades o comunismo de Podemos que non deixa de ser unha forza de centro-progresista e tanto calades cando vos toca ir con un comunista berdadero... A miña familia cubana en Miami dificilmente o entedería... Eu tampouco. A coherencia debería de ser o principal valor a cultivar neste mundo no que en lugar de mirar pola sanidade, a educación e o coidado dos máis novos nos dedicamos a usar as bandeiras para atacarnos uns aos outros. Estou aburrida e farta de vós. Tanto que ao mellor ata voto Podemos nalgunha convocatoria electoral, polo menos eles aínda non se desnortaron de todo... Ou cando menos algúns deles.

4 Jimenadelasilveira

E con respecto aos comunistas berdaderos... Que dicir? https://www.elespanol.com/espana/20... Estimado Frutos, unha vez máis vouno preguntar: onde está Nin? E por que nunca lle pedistes perdón á familia del e a dos outros que sufriron o insufrible? Onde está Nin, Frutos? Por que, ti que te dis comunista, non pides perdón polo que sufriron os anarquistas e os membros do POUM? Pedídeslle á dereita que condene o franquismo e inda nunca escoitei a un comunista pedir perdón polo de Nin.