Terceiro investigado en Galicia pola vaga de incendios, por queimar dúas hectáreas

A Policía Autonómica toma declaración a unha persoa por un lume no municipio coruñés de Brión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2017 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica tomou declaración a un terceiro investigado en Galicia por un lume no municipio coruñés de Brión rexistrado durante a recente vaga de incendios forestais da fin de semana do 15 de outubro.

Inferno desatado en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Inferno desatado en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Efectivos da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago, en colaboración con axentes forestais do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior, esclareceron un incendio ocorrido o 15 de outubro en Brión que queimou dúas hectáreas de arborado, concreta Vicepresidencia.

Por iso, procedeuse a tomar declaración ao presunto autor "en calidade de investigado, non detido", puntualizan as mesmas fontes, "pola neglixencia dunha queima á beira da súa vivenda". Neste caso o lume afectou a unha superficie de dúas hectáreas de arboledo e provocou a intervención dos medios antiincendios da Xunta.

Por estes feitos instruíronse dilixencias que remitiron ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Negreira (A Coruña).

No que vai de ano un total de 89 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo

! E hai moitos mais ! ! Non son os marcianos os que queiman Galicia ! ! O monte non arde so. ! Probablemente en lugares pequenos hai moita xente que sabe quenes son, e non os denuncia para non buscarse problemas. Sen una " base social " ( por chamarlle dalgún xeito) de bestas incendiariais en Galicia non habría nen o 10 % dos incendios que hai.