Queres aprender a cociñar?

A sede de Afundación en Vigo programa catro cursos diferentes de cociña.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/11/2017 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Queres aprender a cociñar?. Afundación ofrece unha completa proposta de cursos de cociña para o mes de novembro na Aula de cociña da súa sede de Vigo. A programación está formada por catro cursos: «Cociña para principiantes II», «Outono de sabores», no que os asistentes cociñarán receitas con produtos de tempada, «Cociña de festa», para aprender a elaborar receitas innovadoras para eventos sinalados, e «Cociña co teu mellor pinche», un curso dirixido a nenos e nenas acompañados dun adulto. Todos eles serán impartidos por «La cocina de Monse» e as inscricións pódense facer a través de Ataquilla.com. 

Pepe Solla e Graciela Ramilo, en COCIÑAconCIENCIA.
Pepe Solla e Graciela Ramilo, en COCIÑAconCIENCIA.

CURSO «COCIÑA PARA PRINCIPIANTES II»

Está dirixido a persoas que desexen aprender a cociñar partindo dun nivel básico. Impartirase os luns 6, 13, 20 e 27 de novembro, en horario de 20.00 a 22.00 h e os asistentes aprenderán a cociñar receitas como patacas recheas de atún, vasiños de crema de arroz con pexego, polo aos tres pementos, galletas suaves de améndoa, arroz cremoso con cogomelos, rosquillas de laranxa, albóndegas de pescada en salsa verde e salchichón de chocolate. 

CURSO «OUTONO DE SABORES»

Os participantes aprenderán a elaborar pratos utilizando ingredientes propios desta época do ano. Así, cociñarán queixo frito en camisa con salsa de froitos vermellos, vol au vent de cogomelos, foie e noces ao Pedro Ximénez, tartaletas de lagostinos e gulas sobre pan de molde, mousse de mexillóns, queixo e marmelada, queixo brie recheo de xamón e marmelada, envolto en milfollas, torrixas de mazá, minicroisants de polo Alfredo e un brownie de chocolate e queixo. As clases terán lugar os mércores 8, 15, 22 e 29 de novembro en horario de 20.00 a 22.00 h. 

CURSO «COCIÑA DE FESTA»

O obxectivo é potenciar a imaxinación e a creatividade para elaborar receitas innovadoras que non pasen desapercibidas nas datas sinaladas. Terá lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro en horario de 20.00 h a 22.00 h e cociñaranse unha escuma de piquillos con crema de iogur, pizza coroa de advento, abeto con espinacas e lagostinos, mousse de turrón e mascarpone, picantóns recheos de pasas e orellóns, plum-cake salgado envolto en agasallo, solombo ao viño tinto con duxelles e unha torta de chocolate branco coas uvas de fin de ano. 

CURSO «COCIÑA CO TEU MELLOR PINCHE»

Trátase dun taller culinario didáctico dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos acompañados dun adulto realizado co obxectivo de fomentar o traballo en equipo. Será impartido os sábados 11, 18 e 25 de novembro e o 2 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 h e os asistentes cociñarán pastel de carne e patacas, rolos de chocolate con froitas, ensalada de pasta, torta de queixo en vasiños, empanadiñas de pizza, galletas chococrispies, abeto de milfollas con espinacas e xamón e unha torta de mazá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta