GC Aberto
Temas: IGUALDADE

Vigo, capital da cultura e igualdade en novembro

Vigo converterase na capital da Cultura e a Igualdade os días 17 e 18 de novembro coa celebración do I Congreso Cultura e Igualdade no Palacio de Congresos Auditorio Mar de Vigo. No ano do seu nacemento, esta cita estará integramente dedicada á industria audiovisual.

Por MNieto | GC ABERTO | 02/11/2017

Comparte esta noticia

Elixiuse Galicia "por ser a terceira comunidade autónoma en importancia da nosa industria audiovisual e con longa traxectoria na produción de series e películas", explica a súa directora, Berta Ojea. O Congreso nace con vocación de converterse nun referente nacional e internacional no debate sobre a igualdade no sector cultural e co compromiso de avanzar neste sentido.

Conjcentración pola igualdade sexual
Conjcentración pola igualdade sexual

E é que, no campo da cultura a ocupación das mulleres está seis puntos por baixo da media do resto dos sectores: o emprego feminino na cultura representa o 39,6% do total, mentres que a media do resto dos sectores é do 45,6%, segundo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Berta Ojea, tamén secretaria de Igualdade da Unión de Actores e Actrices (o principal sindicato do sector), considera que "a incorporación da mirada das mulleres, en igualdade absoluta, nos contidos culturais, é transcendental para construír sociedades onde nenas e nenos poidan soñar con ser o que desexan". "As mulleres non somos o problema da Industria Cultural, somos a solución", conclúe.

O Congreso articularase ao redor de seis mesas de debate cunha ampla representación de mulleres que traballan no sector audiovisual a nivel nacional e en Galicia. Os temas que se van a tratar van desde as políticas e plans de igualdade; a construción da igualdade de xénero na industria audiovisual; a actual desigualdade das mulleres nos equipos artísticos e técnicos; ou a representatividade e o empoderamiento das mulleres nos órganos de decisión e a aposta por unha produción audiovisual igualitaria.

Temas: IGUALDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta