Veloso e a terceira 'Grandíssima'

O ciclista arousán Gustavo César Veloso, que aspira a seguir como profesional ata os 40 anos, renova contrato co W52-FC Porto, onde cumprirá a súa sexta campaña consecutiva. “Espero concretar o soño de vencer a terceira Volta a Portugal”, apunta.

Por gcdeportes | Compostela | 01/11/2017 | Actualizada ás 08:43

Comparte esta noticia

“Feliz por mais um ano com a minha equipa, já são 6 na estrutura, 5 ligado à W52 e 3 com o FC Porto. Sempre a crescer como ciclista, como pessoa e até a sentir-me um pouco mais português. Espero continuar a dignificar a camisola como sempre fiz e tentar concretizar o sonho de vencer a terceira Volta a Portugal para mim e para a W52-FC Porto-Mestre da Cor”.

Veloso celebra a vi5toria tras gañar na meta de Viana do Castelo. / volta-portugal.pt Veloso celebra unha vitoria de etapa na última Volta a Portugal. / volta-portugal.com
Veloso celebra a vi5toria tras gañar na meta de Viana do Castelo. / volta-portugal.pt Veloso celebra unha vitoria de etapa na última Volta a Portugal. / volta-portugal.com

Unha campaña máis, o arousán Gustavo César Veloso (29 de xaneiro de 1980) seguirá sendo o líder ("capitão”) do equipo máis potente do ciclismo portugués. Como relata na web do W52-FC Porto tras renovar contrato, será a sexta campaña no mesmo equipo (primeiro OFM-Quinta da Lixa, despois W52-Quinta da Lixa e dende o ano pasado W52-FC Porto) e promete seguir correndo “enquanto a cabeça e o corpo deixarem”, anunciando o seu obxectivo de seguir como profesional alomenos ata os 40 anos.

O ciclista galego, vencedor da Volta a Portugal en 2014 e 2015, segundo na edición do 2016 e gañador de dúas etapas na última edición do 2017, aspira a cumplir 20 anos no pelotón profesional. “Vou continuar com os mesmos objetivos. Em 2018 quero discutir a Volta e continuar a fazer o meu trabalho, tenho uma boa relação com os companheiros e o diretor desportivo. Estou ao serviço da equipa e espero fazer mais dois ou três anos: se chegar aos 40, cumpro 20 anos como profissional e isso é um desafio pessoal”, revela Veloso, feliz coa continuidade no W52-FC Porto, onde seguirá compartindo equipo, entre outros, co español Raúl Alarcón, vencedor da Volta a Portugal 2017.

Gustavo César Veloso deu o salto ao ciclismo profesional alá polo ano 2001 no equipo portugués Carvalhelhos-Boavista. Tras pasar polo Kaiku e Relax Fuenlabrada, estivo catro anos no Xacobeo Galicia, co que gañou a Volta a Catalunya 2008 e unha etapa na Vuelta a España 2009 con final en Xorret de Catí. Trala desaparición do equipo profesional galego e estar no 2011 sen equipo, fichou polo Andalucía e xa no 2013 polo seu actual equipo.

Gustavo César Veloso, un ano máis líder do W52-FC Porto.
Gustavo César Veloso, un ano máis líder do W52-FC Porto. | Fonte: fcporto.pt
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta