Así se esparexeron por Europa as cinzas dos incendios en Portugal e Galicia

A Axencia Espacial Europea mostra imaxes de satélite animadas nas que se observa como o fume e as cinzas da vaga de lumes foron empurrados cara o norte polos ventos do furacán 'Ophelia'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Servizo de Monitorización da Atmósfera Copernicus, da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés) enviou información sobre como o furacán 'Ophelia' esparexeu por Europa unha mestura de nube de po sahariano e de cinzas e fume dos incendios en Portugal e Galicia a mediados de outubro. 

Así se esparexeron por Europa as cinzas dos incendios en Portugal e Galicia en outubro de 2017
Así se esparexeron por Europa as cinzas dos incendios en Portugal e Galicia en outubro de 2017 | Fonte: ESA.

A animación, publicada este martes pola ESA, mostra como se distribuíron, entre o 16 e o 20 de outubro, os diferentes gases e aerosois onde o azul representa os sales mariñas, o amarelo é o po sahariano, o verde son as cinzas e fume dos incendios forestais en Portugal, e o vermello reprsenta o sulfato. As imaxes explican un fenómeno que fixo que os ceos dunga franxa de Francia e de boa parte do Reino Unido aparecesen tinguidos por unha cor alaranxada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta