O Breogán, líder invicto

O Cafés Candelas vence 84-85 a Valladolid con sufrimento pero suma a sexta vitoria en seis xornadas. Matt Stainbrook, con 8 puntos, 8 rebotes e 7 asistencias, e Leonardo Demetrio, con 19 puntos e 8 rebotes, os mellores do encontro. O domingo, TAU Castelló no Pazo.

Por gcdeportes | Lugo | 01/11/2017 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Carramimbre Valladolid 84:
Greg Gantt (15), Wade Chatman (17), Graham Bell (5), Sergio de la Fuente (9), Jito Kok (10) –cinco inicial- Óscar Alvarado (8), Álex Reyes (7), Astilleros  (7), Cristian Uta (0) e Hopfgartner (6).
Cafés Candelas Breogán 85: Ricardo Úriz (3), Salva Arco (18), Löfberg (17), Demetrio (19), Matt Stainbrook (8) –cinco inicial- Cristian Díaz (11), Fuzaro (5), Cigoja (0), Sergi Quintela (2) e Guille Rubio (2).
Parciais: 24-20, 13-24 (37-44), 21-15, 26-26 (84-85).
Árbitros: Jose Antonio Pagan Baró e Juan Ramón Hurtado Almansa. Eliminaron por cinco faltas persoais a Jiro Kok.
Incidencias: partido aprazado da 2ª xornada da LEB Ouro disputado no pavillón Pisuerga de Valladolid ante arredor de 1.700 espectadores.

Os xogadores lucenses celebran a vitoria en Pisuerga coa afección.
Os xogadores lucenses celebran a vitoria en Pisuerga coa afección. | Fonte: @CBBreogan

Con moito sufrimento e remontando no último cuarto. O Cafés Candelas Breogán tivo que suar en Pisuerga para tumbar o Valladolid de Paco García. A falta de tres minutos, perdía 79-72, pero remontou cun parcial de 0-8 para acabar impoñéndose 84-85 grazas a un tiro libre de Cristian Díaz e outros dous de Guille Rubio, mentres que os de Pucela erraron o último ataque. O Breogán suma seis vitorias en seis xornadas, e son líderes invictos por diante de Manresa e CB Prat (5 vitorias). O domingo (18.00 horas), TAU Castelló no Pazo.

Leonardo Demetrio mantivo os lucenses no arrinque con nove puntos (9-13), pero Valladolid reaccionou cun parcial de 11-0 e pasou a liderar o marcador (20-13). Cinco puntos de Danilo Fuzaro e unha canastra de Cristian Díaz para o 24-20 tras dez minutos.

Matt Stainbrook, con 6 puntos, e Salva Arco, oito con dúas triplas, puxeron por diante ao Breo (30-34) e obrigaron a Valladolid a parar o partido. Demetrio volveu anotar e unha tripla de Cristian Díaz deu a máxima vantaxe aos lucenses (35-44). Ao descanso, 37-44.

Trala reanudación, un parcial de 7-0 para os casteláns igulaou o partido e obrigou a un tempo morto de Natxo Lezcano. De aí ao remate do terceiro cuarto, intercambio de canastras e igualdade (58-59). Pero Valladolid entrou con acerto ao último acto e púxose por diante (68-64) antes do tempo morto de Lezcano. Breogán non conseguía voltear o marcador e Lezcano volveu parar o encontro (74-68). Pero unha tripla de Alvarado puxo a máxima diferenza para os locais (77-70, 79-72). Un 2+1 de Löfberg e unha tripla de Díaz e Breogán gañaba 79-80 a 1:08 do final tras un parcial de 0-8. Greg Gantt anotou dúas canastras consecutivas e Cristian Díaz anotou un tiro libre. No rebote, falta sobre Guille Rubio, que anota os dous (83-85). Tempo morto de Valladolid e nove segundos para o derradeiro ataque. Löfberg comete falta sobre Wade Chatman, que só anota un. Final con 84-85 e ledicia breoganista, incluídos os seareiros desprazados ata Pisuerga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta