Temas: PPDEG

Pintada na sede do PPdeG: “Galiza nom esquece, Galiza nom perdoa”

O partido porá a dispoción da Policía as imaxes das cámaras de seguridade para tratar de identificar os autores. Tellado advirte de que non "silenciarán" aos populares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2017 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A sede do PPdeG sufriu na pasada xornada pintadas e tamén se lanzaron ovos contra o cartel que inclúe o logotipo do partido. Os populares avanzaron que porán a disposición da Policía as imaxes das cámaras de seguridade para tratar de identificar os culpables.

Pintadas na sede do PPdeG
Pintadas na sede do PPdeG | Fonte: Europa Press

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, informou destas "pintadas ameazadoras" —'Galiza nom esquece, Galiza nom perdoa'— e advertiu de que "non hai táctica de intimidación capaz de silenciar a voz do PPdeG", á vez que pediu aos que "non cesan nese intento" que "desistan canto antes".

Segundo os populares, este incidente dá "continuidade" a outros sufridos noutras provincias recentemente, como o que padeceu o PP de Vigo ou o rexistrado contra a residencia oficial do presidente, Alberto Núñez Feijóo, en Monte Pío.

"Estes e outros casos evidencian que en Galicia hai persoas que pretenden facer do medo unha canle para expresar as súas ideas", sostén Tellado, quen destacou que os galegos son "un pobo pacífico que foxe de condutas inadecuadas como esta".

PIDE UNHA CONDENA "UNÁNIME"

Os populares defenderon que "son as urnas as que deben dirimir as diferenzas políticas". "Nin o 47 por cento dos galegos que representamos como partido, nin a inmensa maioría dos que non pensan coma nós e escollen outras formacións políticas, avalan este tipo de práctica, engaden.

Por iso, Tellado subliñou que "sería importante facer unha condena unánime de actos violentos e agresivos que non teñen reflexo na vida cotiá da sociedade galega".

Temas: PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Un calquera

Desafotunadamente Galiza si que esquece. E perdoa.

2 Estoyavale

Ya están los del pp escribiendo en las paredes que pesados

1 Ferrolán do pisco

Vaia chorrada , menuda ocurrencia a pintada.......po lo menos o inane desgoberno da xunta mercede a pintada terá algo do que falar .....para outra cousa ...non valen....dende as graças ao pintor.