Un ensaio clínico do Chuvi abre a porta ao uso de biopsia líquida como alternativa á de tecido en cancro de pulmón

Os resultados obtidos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo aínda están en fase de ensaio.

Por E.P. | VIGO | 02/11/2017 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) desenvolve desde o pasado mes de febreiro un ensaio clínico sobre a utilización da biopsia líquida para o seguimento dun tipo de cancro de pulmón e a súa posible mutación. Os resultados obtidos até o momento "abren a porta" á utilización "cada vez maior da biopsia líquida como alternativa á biopsia de tecido".

Ensaio clínico do Chuvi
Ensaio clínico do Chuvi | Fonte: Europa Press

Así o comunicou o Sergas, que indicou que, aínda que os resultados están en fase de ensaio e as conclusións aínda non son definitivas, comprobouse que a coincidencia das análises entre a biopsia de tecido pulmonar convencional e a biopsia líquida (en mostra de sangue) é de até un 70 por cento; "unha porcentaxe moi considerable".

Neste marco, o equipo do Chuvi destacou que as vantaxes da biopsia líquida respecto da convencional é "a inmediatez con que se poden obter as mostras e analizalas"; así como que non é necesario realizar punción, incisión ou cirurxía. Con iso, o paciente ten menos molestias e os profesionais poden ver se un tratamento é ou non eficaz.

Na iniciativa, cuxos traballos previos comezaron hai dous anos e na actualidade monitoriza a 30 pacientes con este tipo de mutacións de cancro de pulmón, conta coa participación de profesionais dos servizos de Oncoloxía Médica e Anatomía Patolóxica do Chuvi e enmárcase na área de Oncoloxía Traslacional, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta