Un estudo europeo afirma que onde hai máis autogoberno hai máis secesionismo

Oxford University Press publica unha investigación que determina que "as rexións cunha autonomía fiscal e institucional comparativamente máis alta son máis propensas a votar polos partidos secesionistas". Entre as forzas separatistas "relevantes" sitúa ao BNG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/11/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Canto máis autogoberno ten unha rexión dentro dun Estado, máis secesionismo emerxe. Esa é a conclusión xeral á que chegaron varios investigadores nun estudo sobre movementos separatistas en Europa. Os resultados publícanse na revista científica Publius: The Journal of Federalism, editada por Oxford University Press, a casa editorial de maior recoñecemento no Reino Unido e unha das máis prestixiosas no mundo. O artigo, titulado 'Does Fiscal Federalism Deter or Spur Secessionist Movements? Empirical Evidence from Europe', está asinado por Martin Rode, Hans Pitlik  e Miguel Ángel Borrella Mas.

Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña
Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

O obxectivo principal do estudo foi analizar a relación entre o chamado federalismo fiscal asimétrico —no que determinadas rexións gozan de maior autonomía económica ca outras nun mesmo Estado— e os resultados electorais. Os investigadores resolveron, mediante distintas variables e métodos estatísticos, e utilizando datos electorais sobre movementos políticos separatistas dunha gran variedade de rexións europeas desde mediados da década de 1990, que "as rexións cunha autonomía fiscal e institucional comparativamente máis alta son máis propensas a votar polos partidos secesionistas".

Para os investigadores é evidente que "o nivel rexional de federalismo fiscal ten unha asociación positiva e estatísticamente moi significativa co voto secesionista". 

"O autogoberno territorial asimétrico parece causar incentivos moito máis fortes para votar por plataformas secesionistas, mentres que a asociación con arranxos fiscalmente máis simétricos é sorprendentemente pequena", aportan os investigadores.

Contra a idea xeralizada de que un maior poder de decisión rexional contribúe a frear conflitos secesionistas e que os países fiscalizados federalmente son menos propensos a desintegrarse politicamente, os autores deste estudo afirman que "o federalismo crea un paradoxo institucional no que as estruturas lexislativas e burocráticas autónomas poden potencialmente utilizarse para facer do secesionismo unha estratexia viable".

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Os investigadores rexeitan a "avalancha de informes que a miúdo recomendan un federalismo máis amplo para combater o separatismo das rexións minoritarias". Os achados do seu artigo suxiren que "un federalismo simétrico só está marxinalmente asociado co crecemento das plataformas secesionistas durante os últimos vinte anos", mentres que o federalismo asimétrico —como o que se dá no Estado español— suscita un aumento dos movementos secesionistas nas rexións que contan cun estatus fiscal especial.

SECESIONISMO COMO ESTRATEXIA DE NEGOCIACIÓN

"Un federalismo fiscal asimétrico, onde existen dereitos especiais de autonomía para algunhas rexións (secesionistas) significa que estas competencias poden expandirse facilmente, se a rexión individual é capaz de crear suficiente presión política sobre o goberno central, creando efectivamente un conflito de poder dual entre autoridade rexional e goberno central. Se estas rexións tamén observan un desempeño económico superior, como consecuencia das súas maiores competencias fiscais, poténciase a súa influencia política con respecto ao goberno central, o que posiblemente leve a demandas máis radicais das rexións minoritarias", argúen os autores.

Nun contexto así, din, "o secesionismo pode converterse nunha estratexia de negociación, unha vez que os electorados rexionais se dean conta de que votar polos partidos secesionistas é unha excelente oportunidade para gañar máis poder e elevar as apostas do xogo".

Ademais, subliñan, "un discurso secesionista tamén incentivará as elites rexionais a mobilizarse, xa que lles ofrece a posibilidade de ocupar mellores cargos e controlar a asignación de recursos públicos no futuro" e "tamén é probable que os líderes políticos doutras rexións historicamente distintas retomen un discurso secesionista no devandito clima". Nestas circunstancias, apuntan, "unha descentralización simétrica é probablemente preferible á concesión selectiva do autogoberno territorial".

Os datos do método aplicado neste estudo tamén suxiren que "as rexións más ricas en Europa semellan ter unha presenza reducida de movementos secesionistas". Ademais, non se atoparon evidencias, en xeral, de que as rexións máis ricas dun país sexan, en xeral, as que queren separarse.

Os resultados tamén mostran que "o electorado considera que as rexións relativamente máis grandes son más viables como país propio" e que "as rexións cunha historia de independencia teñen más probabilidades de ser secesionistas".

En definitiva, os autores conclúen que "outorgar más competencias económicas a unhas rexións ca outras fomenta os sentimientos secesionistas" nas primeiras; "non os reduce".

ESCOCIA E CATALUÑA COMO PARADIGMAS

Os investigadores sinalan o referendo de independencia en Escocia, en setembro de 2014, e o conflito político en curso entre o Estado español e Cataluña como as "últimas expresións dunha tendencia europea na que as plataformas secesionistas gañan cada vez máis terreo no discurso político" para, segundo estes autores, "crear entidades políticas máis pequenas con gobernos que se perciben máis próximos ás poboacións locais, no canto de crear Estados-nación máis grandes e politicamente máis poderosos, como era a tendencia de hai un século".

Dado que a existencia de partidos secesionistas en Europa non se limita só aos Estados propiamente configurados constitucionalmente como federais, os investigadores tamén consideraron incluír Estados non federais pero con sistemas semellantes ao federalismo e con rexións cun importante grao de autogoberno. "Moitos Estados fiscalmente asimétricos con rexións minoritarias que gozan de autogoberno territorial en realidade existen en países formalmente non federais, como Finlandia, Italia ou o Reino Unido", argúen.

BNG

En total contabilizaron 43 partidos secesionistas na Unión Europea e países asociados a esta, entre 1995 e 2015. Entre estes sitúan o Bloque Nacionalista Galego (BNG), única forza política de Galicia nesta lista, na que só foron incluídos aqueles partidos considerados "relevantes" polos investigadores, é dicir, aqueles que participan en eleccións parlamentarias nacionais e reciben como mínimo un 0,5 por cento do total dos votos nas súas rexións. Non se contemplaron, ademais, as cotas de voto para "os partidos que propoñen a secesión de meta-rexións enteiras que actualmente non existen como unidades administrativas, como a Liga do Norte en Italia co seu estado ficticio proposto de Padania", detallan.

O BNG é incluído nesta lista como un partido que aspira á independencia de Galicia. Con todo, o Bloque non se ten autoproclamado como partido separatista, literalmente —aínda que si apoia estas causas, como a de Cataluña—, senón como forza soberanista. Nin sequera cando acadou o goberno autonómico, no bipartito co PSdeG, expresou intención algunha de iniciar un proceso semellante ao emprendido en Cataluña.

Unha persoa vestido coas cores independentistas catalanas na manifestación unionista de Cataluña / Miguel Núñez Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez
Unha persoa vestido coas cores independentistas catalanas na manifestación unionista de Cataluña / Miguel Núñez Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez
Concentración ante o Palau da Generalitat de Cataluña en Barcelona o 30 de outubro de 2017, tras a declaración de independencia da República Catalá
Concentración ante o Palau da Generalitat de Cataluña en Barcelona o 30 de outubro de 2017, tras a declaración de independencia da República Catalá | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Anti..

A referencia a Francia está moi ben, mais na revolución e pos-revolución francesa había girondinos e jacobinos con unha ampla variedade do compor territorial. Gañaron os jacobinos e aí están. Mais inda hai sentimentos diferenciais entre Bretaña, pais vasco francés, Occitania e Corcega.

7 Elisenda en Camelot

A ver, no propio estudo ao final indican as limitacións deste... Creo que esa información vos pasou desapercibida. Lino superficialmente, pero croe que as miñas primeiras impresións non ían erradas. https://academic.oup.com/publius/ar...

6 Elisenda en Camelot

Dáme a min que aquí se aprecia bastante a ideoloxía dos autores... Andei a goglear un pouquiño. Se vós fixerades o mesmo poderíades informar mellor. Para pensar: http://blogs.publico.es/dominiopubl...

5 Elisenda en Camelot

A verdade é que así nos vai: é obvio que as rexións con máis autogoberno son as que máis loitaron e loitarán porque este aumente especialmente se non están a gusto. Por isto é preciso arbitrar procedementos para tratar de encauzar de forma pactada e dialogada as solucións. En verdade, se dedican a escribir estas obvidades ou é unha simplificación vosa excesiva? O feito relevante é que as partes estean de acordo en continuar coa unión e como claro exemplo de exitosos estados federais; USA e Alemaña (aínda que de seguir así non é descartable un aumento do sentimento proindependentista en Baviera). E por suposto o exemplo da Confederación Suíza. O certo é que semella que, cando menos tal e coma o contades, semellaban querer confirmar as súas intuicións e ao mellor as intencións??? A onde vas Alemaña? A onde vas UE? Que pouco flexibles sodes para adaptarvos aos novos tempos e nun mundo tan convulso.

4 o pepeiro e ladron

flor de santidade, contra expaña e a sua miseria, non os Xputerio tauromafico desas dereitas putrefactas desas sangues mesturadas e deses iberos africanistas, deses morapios de mangalucia e deses madrileños casposos e reaccionarios, o estudo parece feito do revés e enton que proponen sacar as autonomías sacarlle as liberdades o pobo... a autonomía para a tua fruta tía, GALIZA POLA LIBERDADE pola xustiza fora desta Xmerda de expaña e da monoarquia bobonica e infecciosa, nin os queremos nin os necesitamos suxos expañolentos ladroecios miserentos apátridas e sefardistas!!!