A Xunta aumenta un 8,53% o orzamento da vixilancia e seguridade dos seus edificios

Asegura que xa aforrou un millón de euros tras encargarlle á Policía Autonómica un estudo detallado das necesidades de cada unha das súas sedes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de contratar o novo servizo de vixilancia e seguridade dos seus edificios administrativos. Un orzamento anual que vai a 5.474.558 € e estimado para os tres anos en 16.423.675,09 €, aínda que a adxudicación do contrato está prevista para marzo do ano que vén.

Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada
Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada | Fonte: Xunta

Esta nova licitación, que agora se autoriza, incrementa o seu importe, con respecto á adxudicación anterior, nun 8,53 %. Un aumento que a Xunta explica pola finalidade de dar cobertura aos incrementos salariais derivados da aplicación do Convenio nacional de seguridade privada, pactado entre a asociación profesional de seguridade privada e as organizacións sindicais do sector.

Isto pódese facer grazas aos aforros acadados na anterior licitación, de forma que malia este incremento, seguiremos consolidando, a partir de 2018, un aforro anual de 600 mil euros”, apunta a Xunta que suliña que este contrato dará cobertura a 36 complexos administrativos da Xunta de Galicia. 

Con todo, o goberno galego lembra que, en todo caso, xa conseguiu aforrar diñeiro en seguridade. Así, destaca que na anterior licitación encargoulle xa á Policía Autonómica un estudo detallado das necesidades de cada un dos edificios administrativos. “Grazas a ese redimensionamento do servizo, a Xunta de Galicia conseguiu, daquela, un aforro de máis de 1 millón de euros anuais, consolidado, ano tras ano, desde 2013”, afirma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Souto

ha, ha, ha, ha...policía autonómica. É que me mexo da risa!