Temas: PARO

Segue aumentando o paro en Galicia

O paro aumenta en 1.846 persoas en outubro en Galicia, un 1% máis que en setembro até as 185.903.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2017 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

A cifra de parados no rexistro das oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) incrementouse en outubro en 1.846 persoas, o que supuxo un 1% máis se se compara co mes anterior, até contabilizar 185.903 demandantes de traballo anotados.

Oficina Da Seguridade Social, Oficinas, Emprego, Desemprego, Desempregado
Oficina Da Seguridade Social, Oficinas, Emprego, Desemprego, Desempregado | Fonte: Europa Press

Non entanto, se se compara outubro de 2016, supón un descenso en 13.037 persoas, unha caída do 6,55% na comparativa interanual, segundo os datos que difundiu este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

No conxunto do Estado, o número de parados rexistrados subiu en outubro en 56.844 desempregados respecto ao mes anterior (+1,67%), a súa segunda menor alza neste mes desde 2007, cando estalou a crise.

Temas: PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta