A Universidade de Santiago guiará a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A Xunta contrata os servizos da USC para o asesoramento na elaboración da documentación preliminar da memoria e asistencia no desenvolvemento do proceso participativo para a presentación desta candidatura na UNESCO.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago (USC) é a elixida. A institución académica será a encargada do asesoramento na elaboración da documentación preliminar da memoria e asistencia no desenvolvemento do proceso participativo para a presentación da candidatura da Ribeira Sacra como reserva da biosfera da UNESCO

Vista da Ribeira Sacra
Vista da Ribeira Sacra

O orzamento de adxudicación é de 58.650 euros (ascende a 70.996,50 con IVE), cun prazo de execución de 24 meses. O proxecto está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. 

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio elixiu a proposta da universidade compostelá entre as tres presentadas a este procedemento, negociado sen publicidade, no que tamén participaron a Universidad de Oviedo, mediante o Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT), e a Sociedade Cooperativa Galega-CEM. A USC fíxoo mediante o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural.

A proposta da Universidade de Santiago (58.650 euros) tiña un orzamento de mil euros menor cós das outras dúas candidatas, que o axustaron ao importe base da licitación (59.650 euros).

A Xunta iniciou en setembro pasado os trámites para declarar a Ribeira Sacra Ben de Interese Cultural (BIC), un paso necesario no camiño de aspirar a converter este territorio entre as provincias de Lugo e Ourense en Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

O presidente Alberto Núñez Feijóo tomou este obxectivo como un dos seus "grandes compromisos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Cachondeo

Elisenda ese comentario no es injurioso es libertad de expresión lo otro sería censura cosa que practica tu por lo que veo amado pp

1 Elisenda en Camelot

Parabéns para unha terra que me é tan querida. Parabéns para os seus habitantes que saben coidar e protexer o medio no que viven, que saben valoralo, que son extremadamente acolledores e tamén coma non moi talentosos. Ninguén o merece máis. E un dos últimos paraísos na terra galaica.

1 Bueno

Muy bien a ver cuanto tardas en quemarla Feijóo

2 Elisenda en Camelot

Agradeceria que se moderasen este tipo de comentarios e que non usasen o meu para facelos. Eu son respectuosa cos cargos elixidos polos meus concidadans inda que eu non os votase e esixo que se respeten. Isto implica un labor de moderacion que aqui se negan a facer. Este comentario e inxurioso.

3 Rosaria

Buff

4 Elisenda en Camelot

Buff que? E que acaso estás de acordo co escrito? E moi grave aínda que só sexa unha brincadeira. Eu non pido aos demais o que eu non son capaz de dar e agredeceríavos moito que a min non me usedes para descualificacións inxuriosas. E por certo esta é unha nova para aledarse, non para aproveitala para inxuriar e descualificar porque o que descualifica dunha forma tan brutal só está a asumir a súa incapacidade para argumentar. Eu son crítica co goberno galego. Pero nunca permitirei que se diante miña se vercan este tipo de comentarios. Así me criaron e así son. A miña forza, a forza dos meus argumentos radica na razón, non no insulto e a inxuria. Así que deixa os teus buffs de niniseudoprogre ou de troll/dinamizador e dá argumentos.

5 Elisenda en Camelot

E por certo, é de sabios non emprender batallas que non se poden gañar, cara Rosaria. Pénsao. Quizais ti máis que ninguén o deberías saber porque ao fin... Eu non me dedico nin á política nin ao xornalismo. Só son unha cidadá ben informada e un pouco cansa e farta. O meu, non é o póker, é o xadrez. E cando unha está tan cansa coma min de aturar moito é difícil calar... Pénsao honey... Eu coma as baleas azuis teño moi boa memoria, polo momento e unha boa hemeroteca. Ti verás. E despois nada de choromicar por favor. https://www.youtube.com/watch?v=qKl...

6 Elisenda en Camelot

E por certo: encántanme as batallas perdidas... Ao fin, é co que máis familiarizada estou. Dende logo que mal gusto e que escaseza de argumentos. Coma se nota que coma diría miña nai volo deron todo feito... Todo. Vémonos. Por favor, que escasa elegancia e que falta de altura de miras. Eu non son de vo rasante, tipo gallinacea, o meu é o vo das aguias. E aquí en Galicia vímonos a coñecer todos e a saber de onde vimos...

7 Cachondeo

Elisenda se te ve el plumero de fachilla de la Coruña