Fiscalía pide penas que suman 35 anos de cárcere para 12 feirantes xitanos implicados nunha liorta en Cangas

A Fiscalía formulou escrito de acusación contra 12 feirantes xitanos (sete deles do coñecido como clan zamorano, e outro cinco dos 'morones'), aos que considera autores de diversos delitos de lesións, e para quen pide penas que suman 35 anos de prisión e máis de 17.000 euros en multas.

VIGO | 03/11/2017 | Actualizada ás 11:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fiscalía formulou escrito de acusación contra 12 feirantes xitanos (sete deles do coñecido como clan zamorano, e outro cinco dos 'morones'), aos que considera autores de diversos delitos de lesións, e para quen pide penas que suman 35 anos de prisión e máis de 17.000 euros en multas.

Segundo o informe do ministerio público, os feitos sucederon na mañá do 16 de outubro de 2015, cando o acusado Sinaí J.G. iniciou unha discusión co acusado Enrique L.S. porque este instalara o seu posto de venda no mercadillo de Cangas ocupando dous metros máis de extensión. A nai de Sinaí, Flora J.G., tamén lle recriminou esa actuación e foi golpeada coa tarima do posto nun costado.

A partir de aí iniciouse unha liorta con golpes de barras de ferro, empuxóns e outros ataques, na que se implicaron máis dunha decena de persoas, entre elas os 12 acusados, e outros familiares dun ou outro bando que acudiron a auxiliar aos feridos e que foron, á súa vez, golpeados.

Como consecuencia da multitudinaria pelexa, resultaron feridos de diversa consideración varios feirantes, tanto do clan zamorano como da familia dos 'morones'. A Fiscalía atribúe aos acusados diferentes delitos de lesións.

No caso dos zamoranos, o ministerio público pide para Enrique L.S., Javier D.G., e José Luís J.E., tres anos e medio de prisión para cada un. Ademais, para estes e os outros catro acusados deste clan (Luís L.S., Felipe S.J., Faustino J.B., e Manuel Jesús J.B.), pide multas que suman 8.100 euros, e que indemnicen aos feridos do 'bando' contrario en máis de 7.000 euros.

Por parte dos 'morones', a Fiscalía solicita condenas que suman 24,5 anos de prisión. A maior pena, de 14 anos de cárcere, pídea para Sinaí J.G.; mentres que reclama 10,5 anos de cárcere tamén para a súa irmá María Consolo J.G..

Para estes e o resto de acusados (María Amelia C.M., Miguel Ángel V.B., e Rafael F.G.) reclama multas que suman 9.000 euros, e que indemnicen aos zamoranos en máis de 20.700 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta