Temas: PARO EMPREGO

Máis de 100.000 galegos non cobran nada de paro

A taxa de cobertura por desemprego cae ao 50% en setembro, case tres puntos máis que en agosto.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/11/2017 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Máis de 100.000 galegos non cobran nada por estar no paro. Unha cifra que, ademais, aumentou en setembro. Así, a cobertura total do sistema de protección por desemprego descendeu en setembro en Galicia ao 50,08% (fronte ao 52,77% de agosto) segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo
Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo

O número de beneficiarios de prestacións por desemprego acadou en setembro as 83.972 persoas das máis de 184.000 rexistradas nas oficinas de emprego durante ese mes. Os datos de prestacións sempre van cun mes de atraso respecto das cifras de paro. Por iso, Emprego publicou este venres as cifras do gasto en desemprego de setembro e os datos de paro de outubro, que en Galicia aumentou un 1%.

Pola súa banda, o gasto en prestacións por desemprego en setembro situouse en Galicia 68,2 millóns de euros en setembro, o que supón dous millóns menos que en agosto. En setembro, contabilizáronse en Galicia 29.568 solicitudes de prestacións, delas 16.004 de prestacións contributivas e 11.208 de subsidios.

En canto ás altas, realizáronse un total de 29.732, cun prazo de recoñecemento de 0,63 días. A distribución dos beneficiarios estranxeiros na Comunidade é de 1.484 comunitarios e de 1.484 extracomunitarios.

Temas: PARO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta