Anova solidarízase cos presos do Govern e denuncia “criminalización” da “disidencia política”

Chama á cidadanía a participar nas mobilizacións en apoio da "liberdade" e dos presos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/11/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, trasladou a "solidariedade" da súa formación cos membros do Govern catalán presos "polas súas ideas políticas", dixo.  Denunciou, ademais, a "criminalización" de calquera tipo de "disidencia política".

O líder de Anova, Antón Sánchez, en rolda de prensa
O líder de Anova, Antón Sánchez, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

O tamén viceportavoz parlamentario de En Marea asegurou que o chaman "a cuestión catalá" hai tempo que é "unha loita entre democracia ou fascismo". "Un fascismo co Rei e un dos partidos máis corruptos de Europa, o PP, á cabeza", sinalou.

Antón Sánchez considerou necesario reiterar esta afirmación "despois de que os lexítimos representantes do pobo catalán fosen encarcerados por orde xudicial". E é que, segundo indicou, "a petición fiscal e a sentenza xudicial están escritas coa mesma tinta autoritaria que usan Rajoy e Saénz de Santamaría". "Demostran que non hai real división de poderes no Estado e que o poder xudicial está sobredeterminado pola acción do Goberno vía Fiscalía Xeral do Estado", engadiu.

Por iso, alertou de que "todas as persoas do espazo rupturista soberanista, independentista ou nacionalista" son "potencialmente presos políticos" dado que, na súa opinión, "o ingreso en prisión só dependerá da acción do Goberno do Partido Popular e non dunha Xustiza separada do poder executivo".

"Os que se inventan estes casos de rebelión son os mesmos que falan de terrorismo incendiario, teñen a mesma materia prima, a mentira política ao servizo dos seus intereses partidarios", asegurou para considerar que en España hai "dous códigos penais", "un para os amigos e outro para os inimigos".

ELECCIÓNS CATALÁS

Así mesmo, asegurou que non se poderá falar de normalidade mentres que actores políticos sufran prisión preventiva e partidos teñan ameazas de ilegalización. Todo iso, indicou, porque "se pretende gañar na Audiencia Nacional o que non se gañaría nunca de forma democrática en Cataluña".

Por todo iso e ante o que considera un intento do Partido Popular de "criminalizar calquera tipo de disidencia", chamou á cidadanía a participar de forma masiva nas concentracións convocadas nas diferentes cidades galegas "en defensa da liberdade e a democracia". "Xogámonos moito. É urxente unha mobilización democrática para frear o tsunami desatado coa aplicación do 115", subliñou.

Ademais, tamén cargou contra o Partido Socialista, ao que acusou de "situarse ao lado do recorte de liberdades e dereitos". "Preguntámonos se despois de encarcerar aos lexítimos representantes dos cataláns van seguir estando dese lado", dixo para asegurar que "sería un triste papel" que "os dirixentes socialistas seguisen apoiando a represión fronte á democracia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Guillerme Gintonic

Pero todo o protagonismo das concentracións o usurpa o BNGuai

1 Españistan

Iso é a tua preocupacion??Se non se moviliza o Bloque aquí non fai nada ninguén, ademáis o resto están coas mans atadas non vais ser q Iglesias vire a cabeza para aquí e poña todo en orde.

3 Pardao

Anda que non hai disidentes na marea de podemos

1 Elisenda en Camelot

Sería moito máis crible o que dis se non foses compañeiros de viaxe dos conxugadores do verbo contemporizar: eu contemporizo, ti contemporizas, el contemporiza... E ti fas decaclaracións incendiarias coma se non soubesemos quen son os teus chachiguaycompis. http://www.elnacional.cat/es/politi... Ten coidado que non che chame a atención o xefe Pablo... Mira a Fachín. Se aínda non o fixo é porque aínda impón algo Beiras.

1 Pufos Bng

Que non te enteras, Kollona. Anova non ten xefes fóra de Anova. É o que che ten non ter pufos coa banca española, ao contrario do que lle acontece ao teu adorado Bng.

2 Amortizacions anticipadas

Cadelo mira que a débeda que deixaron os teus amos estase liquidando anticipadamente, vai buscando outra teima para repetires tódolos días, o BNG non ten a sorte do PP e de IU que lle perdonan a débeda.

3 Reganoxo de Marea

Os pufos xa os pagaron, non como a IU financiadora de AGE que lle condona a banca. Podedes pagar o que deixaron a deber os marchosos http://www.ferrol360.es/el-suminist...

4 Fada-raposa

Kollona, para non ser do Bloque de dereitas ben que sabes das contas do chiringuito. Por certo, o PsoE fascista axúdavos a pagar as débedas, por iso apoiades e pactades co sistema? Igual que Podemos, a quen tanta raiba tedes, por quitarvos parte do negocio.

5 Lediciafenesa

Buff

6 O que queda do BnG

Din os trolls do BnG: "a débeda que deixaron os teus amos", "o que deixaron a deber os marchosos"... Iso é o que vos contan nos akelarres do BnG para xustificar os pufos, almas cándidas? Non vedes que as finanzas do BnG sempre as levaron os da UpG para trapichear coas liberacións e desviar os cartos das fundacións financiadas por España? Qué covardes son os vosos líderes, sempre botando balóns fóra e culpabilizando aos demais. E vós, pringando.