Varios centos de persoas mobilízanse en Galicia para esixir a liberación dos presos do Govern

As mobilizacións foron convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya "pola democracia e a liberdade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2017 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

Varios centos de persoas mobilizáronse este venres en Galicia, en varias localidades, para esixir a liberación dos presos relacionados co 'procés' e en apoio a Cataluña.

Mobilización en apoio a Cataluña en Vigo
Mobilización en apoio a Cataluña en Vigo | Fonte: Europa Press

As mobilizacións, convocadas "pola democracia e a liberdade" pola Plataforma Galiza con Catalunya, deron comezo sobre as 20,00 horas na praza do Toural (Santiago), fronte á Subdelegación do Goberno (A Coruña, Ourense e Lugo), na praza Amada García (Ferrol), na Peregrina (Pontevedra) e o farol de Urzáiz (Vigo).

Na capital galega, unhas 200 persoas concentráronse para mostrar a súa solidariedade cos ex-membros do Govern presos e reclamar a súa liberdade. Corearon consignas como 'Estado español, estado represor'; 'liberdade presos políticos' e 'votar non é un delito'. Ademais, leron un manifesto co que denunciaron que a aplicación do artigo 155 é a dun "Estado de excepción non declarado a través do que o PP logra algo que sempre lle negaron as urnas, como é gobernar Cataluña".

Na concentración, na que se denunciou a situación de "máxima excepcionalidade" que vive Cataluña, participaron cargos do BNG como Goretti Sanmartín e Néstor Rego, así como de En Marea, como Antón Sánchez e Luca Chao.

Ademais, o histórico nacionalista e fundador de Anova Xosé Manuel Beiras asegurou que o ocorrido en Cataluña demostra que "se está nun franquismo sen Franco". "É de escándalo que se encarceren sen posibilidade de liberdade baixo fianza a un goberno elixido democraticamente, mentres se deixa en liberdade aos saqueadores do estado, como Rodrigo Rato", aseverou.

Preguntado sobre a existencia de presos políticos, afirmou que os membros do Govern o son, pero aclarou que xa os había antes. Así, ademais da encarcelación de forma "infame" de Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, advertiu de que "hai mozos e mozas galegos que están en prisión desde fai catro anos sen absolutamente ningunha proba por un proceso no que os condenaron sen probas por suposto terrorismo por andar cunhas mochilas". "E eses son presos políticos tamén", asegurou, en referencia a Resistencia Galega.

Mentres, en Vigo, outras 200 persoas, baixo unha intensa choiva, despregaron unha pancarta de 'Galiza con Catalunya'. Entre outros membros do BNG, asistiu a esta mobilización Ana Miranda (representante do BNG en Bruxelas), e tamén secundaron a convocatoria responsables da CIG e da CUT, entre outras organizacións.

Na cidade olívica, como noutras localidades, consígnalas máis repetidas esixiron "non á represión' e clamaron: 'a solución, a autodeterminación'.

Na capital herculina, onde se deron cita unhas 350 persoas segundo os convocantes, puidéronse escoitar proclamas como 'liberdade aos presos políticos', 'democracia si, ditadura non', 'ilegalizar o PP' e 'fascismo nunca máis', así como berros mostrando a 'solidariedade' dos galegos co pobo catalán.

Foi exhibida tamén unha pancarta de 'Acción antifascista Coruña' coa lema 'Contra o fascismo, nin un paso atrás', e os participantes portaban numerosas 'esteladas' e 'estreleiras'.

Na cidade departamental a concentración reuniu a unhas 200 persoas, mentres que en Ourense os participantes roldaron o centenar.

Na capital das Burgas, Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal da CIG, leu o manifesto, para trasladar aos cataláns que 'non estades sós' e mandándolles "un abrazo solidario". "Isto non é só un problema de Cataluña, afectar os nosos dereitos e liberdades", avisou, nun acto tamén con bandeiras republicanas e algunha 'estelada'.

Nesta cidade estivo presente na mobilización a socialista Rocío De Frutos, que dixo que asistía a título persoal, á marxe de integrantes do Bloque e Ourense en Común.

Por último, sobre medio cento de persoas secundou a protesta en Pontevedra, tamén coa participación de representantes do BNG e a CIG no concello e a Deputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anonimo

Home, unhas cen persoas escasas en cada convocatoria ( ou sexa, os da CIGA e pouco mais) non parece que amose un apoio social maioritario, precisamente.

2 Nexus 6

En fin, que acudieron los cantamañanas de costumbre a berrear lo de siempre. Seguro que entre ellos, los más talluditos, se encontraban nostálgicos del "Autopista Non" "Viva Galiza Ceibe e Portugal" y "A terra é nosa e non de Fenosa". Yo, cuando les he visto en alguna reunión parecida de las que ellos organizan en mi querida ciudad de Santiago, los contemplo con una media sonrisa y pienso en ellos como quien contempla a una res en su querencia al mugido y al abrigo de alguna arboleda que le sirva de refugio (en este caso la fuente de alguna plaza o algo parecido) y veo como hacen el más espantoso de los ridículos, que luego se encargan de disminuir con jocosos comentarios entre ellos mismos mientras trasiegan cerveza o licor café en algunos bares del Franco. Si es que las cosas parecen no haber cambiado desde aquellos lejanos días de finales de los 70

1 Argonauta

Xa está o nacido en cochiqueira de porca nai e de pai descoñecdido, xudas redivivo ben cebado polo fondo de reptís do Ministeriro do Interior Español a xeito d e miserabel mercenario, orneando novamente........que degraza termos de manter a estes momoneuronais habilitados por non mancillarmos a nosa querida terra coa súa porquitude excrecente.......

2 Lavádevos_PPorconas

No, pellejo fascista, las cosas no han cambiado desde el franquismo, al menos para ti y tu querencia al mugido. Tú si que das risa y seguramente esos jocosos comentarios eran sobre cómo gente como tú decía que si, que muy bien entrar en la CE a cualquier precio, porque así os lavávais las miserias de la dictadura y luego descubrimos que el precio era defenestrar Ferrol, quitarle a Galicia cualquier atisbo de potencia pesquera y otras lindezas que no se negociaron porque teníais prisa por salir del concepto de "Africanos". Entre vosotros y ciertos gusanos de Miami no hay mucha diferencia, verdad?

1 Elisenda en Camelot