Os drons da axencia de emerxencias súmanse á procura do nonaxenario desaparecido en Allariz

En marcha un dispositivo de procura dun home de 90 anos desaparecido a pasada noite en Allariz.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2017 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A unidade operativa de drones da Axega (axencia galega de emerxencias) participa desde esta tarde no dispositivo de procura dun home de 90 anos desaparecido a pasada noite en Allariz.

As aeronaves non tripuladas únense así ao operativo coordinado pola Garda Civil, no que tamén participan a Policía Local e Protección Civil de Allariz.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición do home ás 10,45 da mañá deste sábado, a través do aviso dos membros de Protección Civil. Segundo indicaban, o home fora visto por última vez no seu domicilio ás 06,00 horas, na rúa de Vilanova.

Tamén colaboran na procura varios veciños e piragüistas polo río.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta