Temas: LUMES INCENDIOS

O fiscal superior asegura que hai circunstancias para pensar nunha planificación dos incendios

Avanza o nomeamento en decembro dunha fiscal autonómica en materia de violencia sobre a muller.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2017 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fernando Suanzes, asegurou que hai unha serie de "circunstancias ou parámetros" que "inducen a pensar" que os incendios rexistrados no pasado mes de outubro e que afectaron unhas 49.000 hectáreas "teñen un certo carácter intencional" e unha "planificación" ou "coordinación".

Os incendios asolan Galicia en pleno mes de outubro
Os incendios asolan Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Suanzes explicou que este feito é o que motivou a investigación da Fiscalía Superior, pero deixou claro que esta indagación resulta "totalmente distinta" da de cada caso individualizado, que é "competencia exclusiva dos xulgados de instrución".

Así, precisou que, nunha primeira fase, o Ministerio público determinará se "a maioría dos supostos son dolosos, son intencionais ou por imprudencia". Ademais, nunha segunda, cos grupos especializados, estudarase "se iso deriva dunha planificación coordinada, concertada" que vaia "máis aló de dúas ou tres persoas".

Na súa intervención, Suanzes asegurou que a Fiscalía "nunca utilizou o nome dunha trama" e lembrou que xa en 2006 "se investigou en profundidade e chegouse á conclusión de que non había tramas organizadas, nin organizacións". Con todo, explica que desde aquel traballo "transcorreron once anos" e que entón "non se chegase sequera a un indicio de que houbese grupos criminais detrás non quere dicir que non existan agora".

NECESIDADE DUN NOVO DIAGNÓSTICO

E é que, segundo indicou, hai "parámetros relacionados cos focos" (os lugares onde apareceron, a simultaneidade, as zonas protexidas afectadas) que "fan necesario un esforzo, un novo traballo e un novo diagnóstico".

Ademais, preguntado respecto diso, non cre que haxa que cambiar o código penal, tal e como solicitou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para equiparar a incendiarios e terroristas porque "o delito de incendio está suficientemente castigado".

As imprudencias van dos seis meses ao ano de cárcere pero, "cando se pon en perigo a vida ou a integridade das persoas", elévanse até unha pinza que vai dos dez ao vinte anos de prisión; "son penas considerables", indicou. Ademáis, apuntou que o "difícil" é lograr identificar as persoas que realizan estes "actos criminais de forma dolosa, intencional".

Na entrevista, Suanzes avanzou que os resultados da investigación sobre os incendios forestais ofreceranse en decembro.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 stallaker

miren e comproben, analicen e fagan o estudio universitario mui polo miudo do partido popular o chamado pepeiro, o pepeiro foi declarado pola xustiza banda para a delincuencia, miren si existen pruebas de PP-iromania de incendiar... o fiscal debe dirixer toda a investigación miren si votan o pepeiro os elementos deplorables...

1 Gamela

Se en 2006 investigaron "en profundidade" e chegouse á conclusión de que non había tramas organizadas, nin organizacións... Entón podemos estar tranquilos! Se a Fiscalía considera normal que logo de 14 días de infarto apareza un submarino abandonado nas illas Cíes... entón está claro que non hai organización algunha que o deixara alí, seica o trouxo a Marea ? Tanto en 2006 coma en 2017 os incendios prodúcense en lua nova ou menguante... Pero iso tampouco é un dato de interés. O triángulo dos lumes van dende Oporto ata Asturias e tampouco iso é relevante para as sesudas investigacións da Fiscalía!

1 No se si entiendo

¿Qué quieres decir?. Parece muy fuerte el tema de la luna. Esa hipótesis que sugieres me parece dramática. ¿Realmente podría llegar hasta ese nivel la contra? Es que pone los pelos de punta

2 Gamela

Rectifico, en 2006 os incendios foron entre o 4 e o 14 de agosto (con lúa chea!) https://www.tutiempo.net/luna/fases... (non tiñan medo!) Os últimos incendios sí foron en lúa nova do 13 ao 17 de outubro https://www.tutiempo.net/luna/fases...