Arrinca este luns o xuízo contra un veciño de Mos (Pontevedra) acusado de matar a golpes á súa muller

O xuízo contra F.A.C., o veciño de Mos (Pontevedra) acusado de matar a golpes á súa muller en decembro de 2015, arrinca este luns na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

PONTEVEDRA | 05/11/2017 | Actualizada ás 18:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xuízo contra F.A.C., o veciño de Mos (Pontevedra) acusado de matar a golpes á súa muller en decembro de 2015, arrinca este luns na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Fiscalía pide que o home, que permanece a liberdade desde o 21 de febreiro deste ano, sexa condenado a 22 anos de cárcere por un delito de asasinato con aleivosía e a agravante de parentesco.

No seu escrito de acusación, o ministerio público considera que o home entrou na súa vivenda situada no lugar de Tameiga, en Mos, o 29 de decembro de 2015 e "aproveitou que estaba de costas" preparando a cea para golpeala até "causarlle a morte".

A Fiscalía tamén solicita para o acusado a prohibición de residir no domicilio de Tameiga así como de acudir a todo o termo municipal de Mos por un período de 27 anos. Ademais, pide que non poida aproximarse a menos de 500 metros dos seus fillos e dos irmáns da vítima, cos que non poderá comunicarse nun prazo de 25 anos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta