Queres saber de viños?

Comeza o curso de cultura do viño de nivel medio convocado polo Instituto Galego do Viño e Afundación en Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 06/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Afundación e o Instituto Galego do Viño inician unha nova acción formativa sobre cultura e cata de viño. Desta volta será na Sede Afundación de Ferrol, unha proposta coordinada polo catador e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.  

Este luns comeza o curso "Certificado en Cultura do Viño Nivel II – Viños de España e Portugal", dirixido a afeccionados e profesionais de adegas e do ámbito da hostalería que realizasen previamente algún estudo ou formación relacionada co viño, especialmente aos alumnos que xa obtivesen a Certificación de Nivel Básico.

Así, profundarán nas técnicas de viticultura e enoloxía, no coñecemento de variedades de uvas adicionais, iniciaranse no coñecemento da xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal e adestrarán as súas habilidades de cata.

O curso celebrarase os luns 6, 13, 20 e 27 de novembro en horario de 19.00 a 21.30 h e será impartido pola catadora Isabel Lozano; Juan José Figueroa, titor e responsable técnico do Curso Superior de Catador Profesional do Instituto Galego do Viño; Jorge Vila, xerente do Instituto Galego do Viño e especialista en márketing e formación no sector vitivinícola; e polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

Un Peza do Rei, viño elixido para o debate entre Rajoy e Sánchez
Un Peza do Rei, viño elixido para o debate entre Rajoy e Sánchez | Fonte: galaicusgourmet.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta