Novidades do Empréga-T para impulsar o potencial emprendedor

Este novembro iníciase o curso Posicióna-T, o circuíto Adéstra-T e a novidade deste ano: catro sesións afterschool.

Por GC Emprende | Compostela | 06/11/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Chegan novas experiencias do programa formativo Empréga-T da USC para o desenvolvemento de competencias profesionais. Serán este novembro en Compostela e serán o Posicióna-T, o circuíto Adéstra-T e a novidade deste ano: catro sesións afterschool.

O programa, para o que é preciso inscribirse e que ten recoñecido 1 crédito ECTS optativo, converte a USC nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor. As actividades pretenden ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas, habilidades persoais, sociais e directivas, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral.

Aprender fóra das aulas

Este ano ponse en marcha en Santiago o novo bloque ‘Relacióna-T: Universidade na rúa’, con eventos fóra das aulas para seguir aprendendo nun ambiente máis relaxado e animado. Serán catro eventos –os días 8, 15, 22 e 30– nos que os participantes poderán relacionarse con persoas emprendedoras de diferentes sectores que impartirán pílulas formativas e compartirán a súa experiencia.

Así, a primeira afterschool xirará en torno ao emprendemento no sector cultural, coa participación de Pablo Castiñeira, de Vella Escola. Xa a segunda, sobre emprendemento social, correrá a cargo de Jesús González, da app Tapper para reducir o desperdicio alimentario, e Marcos López, de 3DAcoustic, empresa que proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D. O adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández, será o relator do terceiro destes encontros, que finalizarán o día cunha dinámica de networking.

Simulación dun proceso real

Ademais do seminario do martes 7 en Santiago sobre recursos innovadores na busca de emprego en internet, a mediados de mes terá lugar no vestíbulo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o Adéstra-T, un circuíto de adestramento persoal no que se simulará un proceso de selección real.

Un grupo de universitarios estuda crear una empresa no marco de programas ao emprendemento universitario
Un grupo de universitarios estuda crear una empresa no marco de programas ao emprendemento universitario | Fonte: murciaemprende

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta