A Xunta subvenciona un programa medioambiental no Grupo Voz 20 días despois da vaga de lumes

Destina 62.000 euros sen IVE nun procedemento negociado sen publicidade para facer un programa medioambiental en Radio Voz, que é a 12ª cadea en audiencia de Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/11/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue subvencionando, a través de cuantiosas axudas públicas, aos grandes medios de comunicación, especialmente, La Voz de Galicia. Faino, ademais, cun espazo sobre o medio ambiente xusto cando hai pouco máis de quince días Galicia sufriu unha das súas peores vagas de lumes que calcinou case 50.000 hectáreas en cinco días.

Este contrato materializarase a través da empresa pública SOGAMA. A Corporación Voz de Galicia recibirá a cambio 62.000 euros máis IVE desta compañía, participada nun 51% pola Administración. Na resolución do procedemento non figura o nome do programa nin da emisora, pero ao tratarse dun programa de radio será en Radio Voz, a cadea do grupo de Santiago Rey.

SOGAMA escolleu Radio Voz malia que esta cadea é a 12ª en audiencia entre as grandes emisoras que se escoitan en Galicia e a sexta de audiencia entre as xeneralistas que emiten no país. SER, Cope, Radio Galega, Onda Cero e Radio Nacional teñen máis audiencia que a filial da Voz de Galicia; segundo o EGM.

Porcentaxe de cada emisora de Radio entre a audiencia de radio en Galicia segundo o EGM
Porcentaxe de cada emisora de Radio entre a audiencia de radio en Galicia segundo o EGM | Fonte: Avante Medios Briefing Galego

Máis axudas para Voz Natura

Con todo, cómpre lembrar que La Voz leva lustros beneficiándose do diñeiro da Xunta para promocionar a defensa do medio, a través do programa Voz Natura, suplemento do xornal herculino.

A adxudicación fíxose o pasado 2 de novembro cun prazo de execución de 5 meses. O que chama a atención é que este contrato é exactamente igual a outro publicado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o pasado maio tamén para a mesma empresa e coa mesma cantidade.

Máis contratos

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Medios acaba de oficializar outro contrato de "Servizos de axencia de noticias", tamén polo procedemento negociado sen publicidade por exclusividade, coa empresa Axencia EFE. En total, 247.933,89 € sen IVE.

Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro
Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Elisenda en Camelot

Subvencións en Galicia aos medios? Ca, iso só o fan os pérfidos cataláns.

1 LUIS FERROLÁN DO PISCO

La Voz de. Feyjóo a Xxunta subvenciona a Voz porque este diario e o organo de prensa propaganda e promoción de Feyjóo .A Voz non e independiente, D.E.P. La Voz de Galicia, viva La Voz de Feyjóo

1 Zasvarela. crego

La Voz perdio dos mil compradores diarios desde que fue convertida en la voz del PP por ello merece esa subvención , aunque falta de profesionalidad, de rigor y de credibilidad no parece importar a los directivos de la Voz, esa mordida que recibe del partido gobernante parece cubrir con creces esa perdida de lectores y de credibilidad .