Temas: PPDEG CATALUñA

O PP busca que o Parlamento galego apoie o 155 e a acción xudicial contra o Govern catalán

Puy traslada unha proposta de declaración institucional á oposición co obxectivo de que sexa aprobada e lida durante o pleno desta semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2017 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, trasladou aos grupos da oposición unha proposta de declaración institucional, co obxectivo de que sexa aprobada e lida no pleno que se celebra esta semana no Pazo do Hórreo, na que se apoia a vixencia da Constitución, así como as actuacións do Goberno de España, entre outras institucións, para "recuperar a normalidade institucional e constitucional" en Cataluña, mediante a aplicación do artigo 115 da Constitución.

Pedro Puy del PP
Pedro Puy del PP | Fonte: Europa Press

Puy informou este luns desta proposta, que os populares argumentan "ante os graves feitos" rexistrados en Cataluña "os pasados días 6, 7 e 9 de setembro", con "vulneracións flagrantes dos dereitos individuais dos deputados da oposición a pesar das advertencias de ilegalidade dos servizos xurídicos da Cámara e do Consello de Garantías".

O texto íntegro da mesma indica que tamén se "violaron" as normas regulamentarias do Parlamento de Cataluña e do seu Estatuto de Autonomía, e que "se infrinxiu o previsto na Constitución e no chamado bloque de constitucionalidade" ao "desobedecer" os mandatos do Tribunal Constitucional.

"Todo isto acompañado de declaracións explícitas de desacato e desobediencia ao propio Tribunal Constitucional", engade, antes de advertir que estes pasos se deron "coa finalidade de proceder á declaración unilateral de independencia, finalmente sometida a votación no Pleno do Parlamento de Cataluña do pasado venres 27 de outubro".

"COMPROMISO FIRME E INEQUÍVOCO"

Así as cousas, os populares pretenden que o Parlamento galego declare un "firme e inequívoco compromiso coa defensa da Constitución de 1978?" e o sistema democrático e descentralizado que garante a Carta Magna, do que emanan os estatutos vixentes en Cataluña e as demais autonomías.

Tamén "o seu firme e inequívoco apoio ás actuacións" que tanto as institucións autonómicas catalás —-en alusión aos servizos xurídicos do Parlament e ao Consell de Garantías Estatutarias—, como o Goberno de España, o Tribunal Constitucional e o Poder Xudicial realizan "coa finalidade de preservar o mantemento da orde constitucional en Cataluña e no resto de España".

Particularmente, o PPdeG aspira a que a Cámara galega ratifique "o seu firme e inequívoco apoio" aos poderes Executivo e Lexislativo de España, que "ante a grave e desleal actuación dos dirixentes cataláns protagonistas de comportamentos irresponsables conducentes á flagrante vulneración da orde constitucional democrática, decidiron aplicar o artigo 155".

"E ao Poder Xudicial que, desde a súa independencia, está a actuar, como non podería ser doutro xeito, para garantir o cumprimento da lexislación vixente", remarcou.

NECESARIO APOIO DOS GRUPOS

A proposta de declaración institucional, que tería que ser apoiada por todos os grupos para que fose lida polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, tamén explicita "a solidariedade e apoio" a todos os servidores públicos e aos cidadáns que, particularmente en Cataluña, actúan "dentro da legalidade constitucional coa finalidade de preservala, de manter a paz social, e de impedir que culmine con éxito o intento de vulneración da orde constitucional democrática que lexitima o autogoberno das nacionalidades e rexións de España".

Finalmente, ratifica "a súa plena confianza" en que a sociedade catalá, e a española no seu conxunto, "saberán dar resposta democrática, dialogada e pacífica", e rexeitará "os intentos dunha minoría de violar a Constitución democrática de todos os españois, cataláns e galegos incluídos", votaron "libre e moi maioritariamente" en 1978.

Polo menos En Marea e BNG dificilmente apoiarán esta proposta, xa que, en diferentes ocasións, manifestaron o seu rexeitamento á actuación do Goberno de Rajoy e apoiaron que se celebrase un referendo en Cataluña.

Temas: PPDEG CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Non, no meu nome

Mais o que queren os corruPPtos é facer política a conta do odio ao catalanismo, e tapar a sua inepta e corrPPta a mais non poder, corrupción. Ademais de que é dubidosamente legal o xeito de aplicar o 155 que fai o PP, por non falar da tomar a Generalitat e convocar eleccións. De non ser competencia do parlamento galego, que pola contra non lexista ren, acta as ordes da metrópoli. Esquece o PP que coma snetenciaba K. Marx: "non son libres, os pobos que oprimen outros pobos" e o anti catalanismo pode voltar en anti galleguismo,