UU.AA. ve unha "fraude informativa" as propostas da Xunta para afectados polas xeadas, seca e incendios

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, cualificou este luns de "fraude informativa" as propostas da Xunta para afrontar as perdas no sector agrario debido ás inclemencias meteorolóxicas de 2017 (xeadas, seca e incendios).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2017 | Actualizada ás 15:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, cualificou este luns de "fraude informativa" as propostas da Xunta para afrontar as perdas no sector agrario debido ás inclemencias meteorolóxicas de 2017 (xeadas, seca e incendios).

Así o manifestou este luns en Ourense, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo responsable de agricultura e gandaría de UU.AA., José Ramón González e por Carlos Basalo, responsable da área do Ribeiro.

García anunciou que a manifestación que o próximo 18 novembro percorrerá Santiago de Compostela, desde a Alameda até a Consellería de Medio Rural, "será a primeira" dunha serie de mobilizacións para pedir axudas directas aos afectados e medidas que eviten a desaparición do rural.

"Mobilizámonos para que o campo galego poida subsistir, pero tamén porque sentimos enganados polo anuncio fraudulento de axudas económicas e porque sen agricultura e gandaría non se poderá xestionar o rural galego", explicou García.

PROPOSTAS PARA RECLAMAR AXUDAS DIRECTAS Ao CAMPO

Ademais da manifestación o responsable de UU.AA. anunciou a entrega dun manifesto con medidas concretas para o sector a todos os grupos parlamentarios galegos; así como a posta en marcha de mocións en todos os concellos do rural afectados os fenómenos meteorolóxicos.

Por último avanzou que o 15 de novembro presentarase no Parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular que solicitou "máis de 3.500 firmas" para demandar axudas concretas para o agro.

Entre esta batería de medidas, destaca a solicitude de "axudas directas" para os afectados polos fenómenos meteorolóxicos; así como unha bonificación do 95% das cotas á Seguridade Social "mentres que os produtores non teñan ingresos".

Deste xeito se aposta por "solucións efectivas" fronte ás medidas aprobadas polo Executivo galego durante 2017, que segundo Roberto García pretenden "copar titulares e tranquilizar" ao cidadáns" pero cuxa "letra pequena" fai que queden sen contido.

"Están a facer unha fraude informativa. Publican axudas para que saian na prensa sabendo que os solicitantes non van poder recibilas ou que as propostas non se van a poder aplicar", engadiu o portavoz de UU.AA..

DIFICULTADES POR SECTORES

Nesta liña criticou que se pida aos viticultores que contraten seguros "pensados" para zonas produtoras como A Rioxa ou Castela-A Mancha, pero que "penalizan" a dispersión de explotacións en Galicia e que os produtores "traballen a tempo parcial".

"Con estas condicións é normal que de 10.000 posibles contratos, en Galicia só haxa 125 pólizas de seguros", dixo.

Tamén criticou as axudas para a seca, que "só permitirían atender 75 expedientes en toda Galicia" e que "non supoñen ningunha solución porque non permiten a construción de novas captacións de auga".

Pola súa banda Carlos Basalo incidiu nas dificultades do sector gandeiro, especialmente no Macizo Central de Ourense, onde se quedaron sen pastos debido aos incendios forestais e onde os produtores se están quedando sen a forraxe almacenada para pasar o inverno.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta