As pontes históricas de Galicia que sobreviven baixo capas de formigón

Moitas das grandes pontes deste país malviven ocultas baixo toneladas de asfalto e cemento. As de Viveiro, Betanzos, Noia, Pontecesures, Pontevedra ou Sigüeiro son algunhas destas infraestruturas dunha longa lista.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/11/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Se Galicia é o país dos mil ríos, consecuentemente tamén o é o das mil pontes. Facer unha enumeración das pontes históricas no noso país sería tan complexo como facela de todos os castros, hórreos ou casas rurais de Galicia. Algunhas delas están ben conservadas ou rehabilitadas son verdadeiros monumentos, e nos permiten apreciar á perfección a diversidade natural dos nosos ríos, coma a ponte vella de Ourense, a ponte de Pontemaceira, a do Bibei, a de San Francisco de Ribadavia, a de Vilanova en Allariz ou a de Pontevea sobre o Ulla. 

Ponte de Pontedeume
Ponte de Pontedeume | Fonte: Íñigo Mouzo Riobóo

Porén, outras moitas permanecen esquencidas baixo mantos de formigón e cemento, a pesar de ser auténticas obras de arte cuxa orixe se remonta, en moitas ocasións, á época romana ou á época medieval. É o caso de pontes como a do Ponte do Porto, Betanzos, Pontedeume, Pontecesures, Noia, Pontevedra, Sigüeiro ou Viveiro. O portal colaborador Historia de Galicia fai un repaso pola historia destas grandes pontes histórica do país que dixiren o tempo baixo toneladas de piche. Podes ver a reportaxe aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta