Prisión para os dous detidos por reter a unha moza que traballa nun clube no Corgo (Lugo) e búscase á súa exparella

O Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para os dous homes detidos a fin de semana por reter a unha moza que traballa nun clube de alterne do municipio lucense do Corgo, segundo informaron fontes xudiciais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2017 | Actualizada ás 18:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para os dous homes detidos a fin de semana por reter a unha moza que traballa nun clube de alterne do municipio lucense do Corgo, segundo informaron fontes xudiciais.

As mesmas fontes xudiciais explicaron que un dos detidos que pasou a disposición xudicial é o que conducía o vehículo e outro o que axudou á exparella da vítima, home que segue en paradoiro descoñecido, a introducila pola forza no coche.

Os dous homes detidos permaneceron en dependencias da Comandancia da Guardia Civil de Lugo até pasar este martes a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 1, cuxa titular é a maxistrada Pilar de Lara Cifuentes, que decretou segredo de sumario sobre a causa.

Aos dous individuos detidos decretóuselles, ademais, unha orde de afastamento e a privación de comunicación coa vítima. Mentres, búscase a unha terceira persoa, exparella da vítima, un home reclamado en Romanía, onde foi condenado a prisión por unha violación.

Desde o sábado 4 de novembro permanecían detidos nas dependencias da Comandancia da Guardia Civil de Lugo dous mozos de nacionalidade romanesa, mentres se busca a un terceiro.

FEITOS

Na madrugada do venres ao sábado varios individuos introducisen nun coche a unha nova, da mesma nacionalidade, cando saíra a fumar un pitillo dun local de alterne no municipio do Corgo. A súa desaparición foi denunciada por unha compañeira e o xerente do establecemento.

Ese mesmo sábado pola tarde a muller apareceu na Estación de Autobuses de Lugo, despois de coller un autocar en Santiago de Compostela. Esa xornada foron detidos os dous mozos en Betanzos (A Coruña) e os investigadores buscaban a unha terceira persoa.

Fontes da investigación comentaron que se manteñen abertas varias liñas de investigación, unha delas relacionada co traslado de prostitutas dun local a outro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta