O xogador Julio Alberto: “Están máis interesados nas bandeiras independentistas que nas vítimas dos incendios en Galicia”

O histórico futbolista do Barça, ata agora colaborador co club nas escolas de formacións, anunciou que abandona o equipo e Cataluña pola “intervención crecente da política no club”.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 08/11/2017 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

"Non somos  un partido político, estamos nun club de fútbol, pero as persoas que están á fronte xa se politizaron”. É a razón do histórico xogador de fútbol do Barça, Julio Alberto, para deixar este club e abandonar Cataluña.

Maradona e Julio Alberto nun partido contra as drogas
Maradona e Julio Alberto nun partido contra as drogas

A decisión final adoptouna, dixo, a pasada fin de semana cando o Camp Nou se converteu nun clamor contra a prisión dos membros do Govern e os dous presidentes da ANC e Òmnium Cultural, aos que consideran presos políticos.

“Atopo imperdoable que o outro día no Camp Nou estábase máis interesado en amosar bandeiras independentistas antes que de render homenaxe ás vítimas dos incendios en Galicia, da miña terra Asturias ou de Portugal. É unha falta de respecto", dixo.

Julio Alberto, que xogou no club nos anos 80 e logo tivo graves problemas coas drogas dos que saíu, en parte, grazas á axuda do club blaugrana, decidiu deixalo, agora, por cuestións políticas. "Isto era a miña casa, pero marcho buscar un traballo fóra de Cataluña. Regreso en Asturias", engadiu este martes nunha entrevista en 'Antena 3'. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 cesc

Non había outra foto?

1 Arquetipo

A de Marcial Dorado co noso impoluto Presi????.

1 antippirómanos

Canta razón tes...se falas de Rajoy e de Feijoo.