Feijóo di que os galegos “non serán os parvos útiles do independentismo catalán”

O presidente da Xunta advirte de que "os independentistas non van usar Galicia" e engade que "xa lles chega con utilizar o BNG". O Bloque afea o seu "golpismo" polos seus pronunciamentos sobre Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2017 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este mércores que os galegos "non serán os parvos útiles do independentismo catalán" e advertiu que "non van usar a Galicia". "Xa lles chega con utilizar ao BNG", aseverou, en resposta á portavoz nacionalista, Ana Pontón, quen instou ao presidente a aclarar que papel vai xogar no debate aberto para "superar o postfranquismo" e "o réxime do 78".

Alberto Núñez Feijóo no Parlamento
Alberto Núñez Feijóo no Parlamento

Na sesión de control, Pontón afeou o "golpismo" de Feijóo polos seus pronunciamentos sobre Cataluña e expuxo activar un relatorio parlamentario que, entre outras cuestións, contemple o recoñecemento de Galicia "como nación", á vez que denunciou a "involución democrática" e a "recentralización" en España.

"Non estamos nun réxime postfranquista, estamos en plena democracia", replicou o xefe do Executivo e líder do PPdeG. Tanto é así, remarcou, que "no século XX se exiliaban os demócratas e agora exílianse os golpistas". Ao tempo, advertiu que o BNG quere un relatorio para "aplicar o seu programa", que non foi avalado "nas urnas" pola maioría dos galegos e que el non está disposto a aceptar.

"Deixen xa de repartir carnés de bos e malos galegos", pediu aos nacionalistas, á vez que reiterou, como xa fixo nalgunha ocasión anterior, que "a broma ilegal" de Cataluña pode custar a Galicia "5.000 millóns de euros".

Finalmente, defendeu que Galicia mantén o autogoberno, así como "a autonomía financeira e política". "Cal é o seu problema? Que a Xunta non se dedica ao folclore independentista? Aos galegos gústanos o noso folclore. Négome a que os galegos sexamos os parvos útiles do independentismo catalán. Non van usar Galicia, xa lles chega con utilizar o BNG", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 zasvarela crego

Os Srs. Feyjóo e Aznar . cando falan non din nada, non embargantes , se parecen , pois aveces din os dous tremendas Aznadas, E preclaro que Asnar e Feyjóo son independentistas cataláns . cada vez que falan crian separatistas.