Feijóo admite que a Xunta vese "desbordada" porque os propietarios non limpan e pide ser "implacables"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que a Xunta vese "absolutamente desbordada" para cumprir a lei de prevención fronte a incendios no que respecta á limpeza das franxas dos núcleos rurais porque os "responsables" de acometer estas tarefas --propietarios e, de maneira subsidiaria, os concellos-- non as "executan".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2017 | Actualizada ás 12:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que a Xunta vese "absolutamente desbordada" para cumprir a lei de prevención fronte a incendios no que respecta á limpeza das franxas dos núcleos rurais porque os "responsables" de acometer estas tarefas --propietarios e, de maneira subsidiaria, os concellos-- non as "executan".

Fotos Xunta. Pleno Incendios.
Fotos Xunta. Pleno Incendios. | Fonte: Europa Press

"Os galegos non cumprimos no que se refire á limpeza nas franxas de núcleos rurais e os concellos din que non teñen capacidade para facer cumprir. E na Xunta, ao non cumprir os propietarios nin os concellos, vémonos absolutamente desbordados para cumprir esa lei cuxos responsables non executan", sentenciou, en resposta a Luís Villares (En Marea).

Así se pronunciou nunha sesión de control na que, previamente, o dirixente rupturista afirmara que 16 medidas do paquete de 30 que anunciou na pasada xornada "xa están recollidas na lei vixente", á vez que lle demandou o cesamento ao "responsable" de que a normativa "non se cumpra", en referencia ao responsable de política forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto.

Feijóo rexeitou responsabilizar do ocorrido "en 48 horas" da vaga de incendios de mediados de outubro a quen se ocupa da xestión desde hai anos. Ao seu xuízo, sería "o fácil". "Quere vostede o fácil ou o difícil?", instou a aclarar a Villares, a quen manifestou o seu desexo de que formalice as súas achegas na comisión específica que se active na Cámara e, de inmediato, nas emendas da lei de acompañamento á lei de orzamentos de 2018.

Tamén preguntou a Villares se pode "comprometerse" a que os concellos das mareas contarán con brigadas de prevención e a "sinalar co dedo" aos incendiarios. "Eu téñome que comprometer a que o fagan os concellos do PP", reflexionou o presidente, antes de sinalar que, igual que resulta "inconcibible" conducir sen carné, o é que un propietario "non cumpra" coas responsabilidades legais de limpar as súas leiras.

Por iso, pediu ser "implacables" con quen non cumpren con estas responsabilidades de limpeza, igual que a Xustiza "o é con quen comete un furto ou cun roubo".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta