Temas: SECA CHUVIA

"Para saír da situación de alerta por seca tería que chover 700 litros en dous meses"

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS), Francisco Marín, di que se o pasado ano hidrolóxico foi "malo", cun 42% menos de precipitacións; os 40 días do novo ano hidrolóxico "son peores" porque "choveron 42 litros por metro cadrado, cando o normal sería superar os 170 litros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2017 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS), Francisco Marín, confirmou este mércores en Ourense que para que a demarcación abandone a situación de alerta por seca "tería que chover entre 650 e 700 litros por metro cadrado" nos próximos dous meses.

A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo
A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo

Así o explicou durante unha visita realizada ao Barbaña para coñecer de primeira man as actuacións para retirar da canle do río unha planta invasiva, que tivo lugar após unha reunión da Oficina Técnica da Seca (OTS).

Marín informou de que para que na demarcación hidrográfica "tería que chover entre 650 e 700 litros por metro cadrado, até o 31 de xaneiro" para saír da alerta por seca e volver a unha "situación de normalidade" nas concas do Miño, Sil e Limia. Con todo, recoñeceu que se trata dunha cantidade difícil de recoller porque se sitúa moi por baixo da media de precipitacións habituais nestas datas.

De feito, o presidente da CHMS explicou que se o pasado ano hidrolóxico (entre o un de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017) foi "malo", cun 42% menos de precipitacións; os 40 días do novo ano hidrolóxico "son peores" porque "choveron 42 litros por metro cadrado, cando o normal sería superar os 170 litros".

A pesar dos datos, Marín descartou que a Confederación entre en situación de emerxencia porque "o abastecemento á poboación segue atendido" e non hai ningún problema "no medio e curto prazo".

En todo caso sinalou que "de manterse a situación" podería haber problemas nos usos secundarios das augas para aproveitamentos hidroeléctricos, usos industriais ou para a próxima campaña de regadío. Neste último apartado lembrou que as principais comunidades de regadores da CHMS atópanse en León, onde "de momento non hai previsión de que teñan que sufrir restricións importantes" no caso de que o ano hidrológico "sexa similar" ao pasado.

RISCOS EN ABASTECEMENTO

Respecto das cidades insistiu en que "non hai riscos" no abastecemento dos núcleos importantes de poboación, aínda que si os hai en pequenos municipios que non se abastecen de auga de encoros.

Por parte da CHMS lembrouse en que para facer fronte a estas dificultades están activadas "autorizacións temporais" para concesións "non só de abastecemento a usuarios, sen ou para complementar concesións que non son suficientes", a través de captacións temporais "como é o caso dos gandeiros".

Temas: SECA CHUVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta