Mestres da ilustración de todo o mundo danse cita en Compostela

Santiago acolle dende este xoves o segundo Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe «Compostela Ilustrada».

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O Encontro Internacional de Ilustradores de Cadernos de Viaxe «Compostela Ilustrada» converteuse con tan só unha edición nunha referencia fundamental para os amantes desta disciplina. Dirixido por Miguelanxo Prado, reúne estes días en Samtiago a figuras mundiais tan destacadas desta disciplina como o mestre Munehiro Ikeda o francés Lapin ou Alfredo (Premio Nacional de Ilustración 2017).

Ilustración de Miguel Anxo Prado para o garaxe hermético / ogaraxehermetico.com/
Ilustración de Miguel Anxo Prado para o garaxe hermético / ogaraxehermetico.com/

A Compostela acudirán figuras de élite internacional dos ilustradores de cadernos de viaxe, como Lapin, o mestre Munehiro Ikeda, Joaquín González Dorao, Alfredo (Premo Nacoinal de Ilustración 2017) ou Miguelanxo Prado, director do Encontro.

A primeira das actividades desta segunda edición de Compostela Ilustrada e unha das máis suxerentes e orixinais é a proposta do ilustrador aragonés Santiago Ríos de debuxar o ensaio que dende as 9.30 ata as 11.30 h realizará no Auditorio de Galicia a Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Timothy Brock.

Santiago Ríos leva 20 anos debuxando concertos de clásica, de jazz, de flamenco… e é autor do libro ˝Mis dibujos en conciertos”.

Obradoiros de Caligrafía

Outra das actividades destacadas da xornada inaugural do Encontro é o obradoiro de caligrafía expresiva aplicada ao caderno de viaxe que impartirá Mr Zé na hospedería de San Martín Pinario. O artista zaragozano Mr Zé é unha das personalidades máis destacadas dese xénero tan en auxe nestes momento como é a caligrafía expresiva. É é director e cofundador do Estudio Pobrelavaca dende hai máis de quince anos e o primeiro embaixador oficial español do movemento Calligraffiti.

Hai uns meses catro ilustradoras, dúas galegas (Blanca Escrigas e Isabell Seidel) e dúas portuguesas (Fernanda Lamelas e Teresa Ruivo) realizaron o Camiño Portugués de Porto a Santiago polo Camiño da Costa coa intención de recrealo nos seus cadernos de viaxe. Aqueles debuxos convírtense agora nunha exposición que mañá ás 13 horas se inaugura na Galería Sargadelos.

A inauguración da mostra servirá ademais como acto de recepción e benvida aos particpantes no Compostela Ilustrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta