O presidente da Fegamp revela que Feijóo falou con el en busca de "acordos" para combater os incendios

A entidade, pendente dunha entrevista coa conselleira, móstrase favorable ao diálogo, pero quere "propostas enriba da mesa"

Santiago de Compostela | 08/11/2017 | Actualizada ás 20:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, busca "acordo" fronte aos incendios e non só na Cámara. De feito, na pasada xornada, ademais de comparecer en sede parlamentaria, falou co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García (PSOE), para trasladarlle a necesidade de traballar "conxuntamente".

Feijóo e o presidente da Fegamp asinan un convenio
Feijóo e o presidente da Fegamp asinan un convenio | Fonte: Europa Press

En declaracións a Europa Press, García revelou que Feijóo falou con el e díxolle que "quería chegar a acordos" para facer fronte aos incendios en Galicia, que sufriu unha gran vaga de lumes en outubro na que morreron catro acodes. "Eu díxenlle que por nós non vai ser", sinalou, á vez que demandou iniciativas "sobre a mesa".

Non en balde, argumentou que os alcaldes son "os primeiros interesados" en que as súas localidades "non corran perigo de queimarse". "Por aí non vai haber problema", sentenciou, antes de lembrar que a dirección da entidade municipalista pediu a semana seguinte á vaga de incendios unha entrevista coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para "falar en serio" desta cuestión.

García trasladou que este mesmo mércores houbo reunión de portavoces na Fegamp e ratificou que a intención é acudir a este encontro "coa mellor das vontades", pero queren "propostas encima da mesa".

"Hai que falar de todo, especialmente da ordenación do territorio, é dicir, vai haber que cambiar a lexislación que temos hoxe e que fai imposible que os concellos podamos afrontar a limpeza das franxas de protección dos núcleos", aseverou.

Para o dirixente municipalista, é preciso "traballar todos xuntos" e "a solución a medio ou longo prazo" pode pasar por "resolver o problema da propiedade e que todos aqueles, particulares ou empresas, que queiran pór en explotación determinados territorios poidan facelo".

"MOITAS COUSAS QUE ABORDAR"

En declaracións a Europa Press, defendeu que son "moitas cousas" as que hai que "abordar", polo que apelou a "non quedar con pinceladas". "Calma, tempo ao tempo; entendo eu que podemos chegar a acordos para que se invista o ciclo, pero, en todo caso, tempo ao tempo", subliñou.

Segundo explicou, Feijóo trasladoulle que a disposición da Xunta é "falar de todo" e chegar a acordos, aínda que non abordaron medidas en concretas.

En todo caso, valorou os "avances" que se albiscan nas iniciativas enunciadas por Feijóo na súa comparecencia ou nos cambios na lexislación de prevención de incendios que a Xunta promove mediante a lei de medidas que acompaña aos orzamentos galegos para 2018.

AS LEIRAS, "A DISPOSICIÓN DE QUEN AS TRABALLE"

Un dos cambios está ligado a favorecer o acceso en leiras de propietarios descoñecidos, unha cuestión crave para os concellos. Pero é que mesmo nos casos nos que se acomete a limpeza, o alcalde de O Barco incide en que se fai "o traballo ao propietario con diñeiro público".

A "clave", insistiu Alfredo García, é buscar unha fórmula para que as parcelas nesta situación, abandonadas, poidan, por exemplo, pasar ao Banco de Terras e "porse a disposición de quen a queiran traballar", unha idea na que tamén quere avanzar o Executivo de Feijóo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta