Freixanes recomendalle a Fernández Paz que "acepte as regras de xogo"

O director xeral de Galaxia asegura que os Premios da Cultura Galega son "institución dun país" e recomenda "atopar espazos" para evitar rexeitamentos como o protagonizado por Paz e a asociación de defensa da lingua, Prolingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2010 | Actualizada ás 00:16

Comparte esta noticia

Victor Fernández Freixanes foi claro e contundente cando se lle preguntou polo rexeitamento do premio da Cultura Galega das Letras por parte de Agustín Fernández Paz. "Temos que atopar espazos e, con máis ou menos entusiamos, temos que aceptar as regras de xogo común, porque a sociedade somos todos", aseverou.

Nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega, Freixanes dixo estar agradecido pola concesión, a Galaxia, do premio da Cultura Galega de Promoción Cultural e instou a Fernández Paz a "aceptar as regras de xogo" e a non rexeitar premios cando "os nosos non están", en alusión ao bipartito.

Así, e a pesar de gabar a súa "coherencia" ao manter esta postura, que espresou hai uns meses a través de Prolingua, tal e como recollemos en GC, o editor suliñou que Galicia ten as súas "institucións" e que estes premios "tamén son institución dun pais". "Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", espetou, tal e como se pode escoitar neste corte:

None

 "Non aceptar ningún premio"

O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o pasado 8 de outubro o  Premio da Cultura Galega das Letras a través dun comunicado da plataforma ProLingua no que, baixo o lema ‘Rosalía de Castro nunca aceptaría este ‘premio”, facía un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ”Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato”, se di no documento.

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galegas ProLingu ten máis de 2.000 sinaturas entre as que están as de xente como Helena Villar Janeiro, Antón Reixa, Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e Cesáreo Sánchez Iglesias, entre outros, xunto a do propio Agustín Fernández Paz. A plataforma fixo público un manifesto no que reprochaba á Xunta as súas políticas lingüísticas e animaba aos seus simpatizantes a rexeitar os novos Premios da Cultura.

”Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura Galega, manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega”, sinalou a plataforma para rexeitar estes premios. ”Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia”. Precisamente, a isto se remitiu Fernández Paz para rexeitar o seu galardón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

23 Roberto G.

Non entendo, con sinceridade, por qué carallo tedes que idolatrar a Freixanes e ver un demo en Fdez. Paz, ou viceversa, cando tanto dereito ten o un a defender os premios como o outro a rexeitalos. Por que non deixades de imputar a un seguidismo e ao outro deslealdade institucional? Por que non deixades as militancias radicais e aceptades que non todo aquilo que aborrecedes é susceptible de ser boicoteado?

1 manso

Por que non sodes mansos? Deixade que vos den paus no lombo, poñede un sorriso, e dade as grazas por que se lembren do voso lombo. Sede boiños, sede ovelliñas, pacede comodamente e deixade nas mans dos Robertos G. as militancias, que eles saberan administralas.

2 Porco Jones

Claro, o galheginho sempre foi manso, aquí, na Arxentina ou en Venezuela...de ahí os chistes, as burlas e os insultos que aínda hoxe en día nos adican con tanto carinho.

3 Antón

Roberto G. vai de listo. tenta aparentar unha actitude obxectiva mais axiña se lle ve o prumeiro. O que el chama boicote eu chámolle non tragar. Distinto éche que o Freixanes "recoméndelle" a unha persoa adulta o que ten que facer a través dun medio público. Non teñen tanta presa por encararse co poder. Moito "galleguito" é o que hai. ¿Será que agora existe a obriga de aceitar os premios que che dean? Freixanes perdeu unha boa ocasión pra falar con algún xeito e dicir que cadaquén é dono de seu. Polo carallo metense nestes vimbios cando é pra facerlle fronte ás agresións do PP cara a nosa lingoa.

4 airadasenra

Roberto tes razón... en parte: o que se critica é que Freixanes recrimine a Paz pr non recoller o premio.

5 Roberto G.

Sen acritude, Antón, a min o "prumeiro" non se me ve. Ensínoo

22 Rois

A ver, entre as posturas de Freixanes e de Fernández Paz eu quédome coa de Fernández Paz. Con isto tampouco quero 'criminalizar' a Freixanes e moito menos a Galaxia. De feito, quen queira criticar debería principiar antes con: Ramón Villares, Méndez Ferrín e os reitores das tres universidades galegas, que son as que deron os premios.

1 puntualizando

Xosé Luís Méndez Ferrín non participou no xurado destes premios porque a Real Academia, por decisión da Comisión Executiva, declinou o convite da Consellaría.

2 Alfonso García

Pois levas razón. Méndez Ferrín, por coller un, resposta ao clásico "can ladrador... pouco mordedor". Moito ouvear no seu partido extremista pero chegou ás institucións e xa ten no seu haber o premio Otero Pedrayo a Manuel Fraga -manda truco!-. Méndez Ferrín dimisión! Real Academia Galega disolución!

21 mil

Freixanes está errado. Como se presta melhor serviço à língua, colaborando com os exterminadores ou ponhendo-os em evidência? Na Galiza o "buenismo" deu resultados atrozes. Seria bem trocar a estratégia e ser mais combativos. Parabéns à lúcida e coerente atitude de Fdez Paz.

20 DanielErreCe

O meu apoio sincero a Agustín Fdez Paz e a Prolingua. A miña máis contundente repulsa para Freixanes. Se el é feliz co seu premio non obriga a que os demais non se sintan felices coa roda de muíño da galaxia cultureta que o país padece (a ver se por fin acabamos coa resignación institucional e nos poñemos man na obra de erguer este país). E cando falo de galaxia tamén estou a referirme ao Consello da Cultura e a RAG. O exemplo persoal de Agustín é un feito que o honra, como lle honra o cariño e o alto grao de coñecemento que os nosos nenos e nenas teñen dos seus libros e da súa calidade como escritor.

19 Manoliño

Se ao final o galego non seve para nada, tanta lea por algo que nun par de decadas será tan so un recordo. Pertencemos a España, aí esta o futuro e o demais son tonterías. O galego está ben para ir de festa á aldea a tomar un bo viño.

1 saña

Manolito haber si te decatas de hai moitos galegos que nos sentimos a gusto ca nosa identidade e co noso idioma e que non queremos que nos impoñan nada,estamos onde debemos estar na Galiza- colonia de España, de momento -, e en galego.

2 narón

qué mente tan simplona, meu Deus!

3 Manoliño

Certo, é un simple, xa avisei que se clonan co meu nick a ver se deixo de intervir. Non sei porque me cheiro que empregan técnicas similares ás empregadas co profesor Bermejo Barrera en Árbor.

4 Pedro

Manoliño, non sei se te deches conta do erro que cometiches, voucho explicar. Para empeza unha lingua non desaparece nun par de décadas, é un proceso moito máis longo e polo tanto imprevisible a pesar das tendencias. Por outra parte dis que o futuro está en España, aquí está o erro, home, ¿pero coa que está caendo como podes autoenganarte así? España non é futuro para ninguén, cun 20% de paro, con risco de ter que ser rescatada, etc. Se falamos de utilidade, entón ¿para que vou aprender español? ¿Ti quererías ser segundo podendo ser primeiro? Eu se non podo falar o meu idioma, falarei inglés, pero español ¿para que? ¿para que vou esforzarme aprendendo unha lingua de segunda cando podo aprender a lingua internacional? É o que pasa cando un presume de tela grande, que sempre hai alguén que a ten máis grande (refírome á lingua, non penses mal).

5 Porco Jones

Ben falado Peter! ;)