Un fito: primeiras variedades galegas de oliveira recoñecidas oficialmente

Os traballos da Misión Biolóxica de Galicia sobre Brava galega e Mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2017 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

As descricións das variedades de oliveira Brava galega e Mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios. Todo un "fito", aseguran dende a Misión Biolóxica de Galicia, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Oliveira da variedade 'galega extra'
Oliveira da variedade 'galega extra' | Fonte: GC

As investigacións do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, dirixido por Carmen Martínez, permitiron o recoñecemento oficial destas dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, en virtude da resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do 23 de outubro de 2017.

Por primeira vez dúas variedades galegas de oliveira obteñen o recoñecemento oficial e legal. O patrimonio varietal da oliveira en Galicia, descoñecido ata a data, convértese así no máis occidental da Europa continental.

A existencia de oliveiras e o seu cultivo en Galicia esténdese principalmente polo sur da provincia de Lugo e distintos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra. Os olivareiros, unha vez se acade a produción necesaria de planta, poderán comezar a plantar Brava Galega e Mansa Galega e utilizar a denominación destas variedades nas etiquetas dos seus aceites embotellados.

Con arredor de 1.200 variedades descritas, das que só un pequeno número se emprega para producir aceites comerciais, España presenta a maior diversidade do mundo e é tamén primeira en superficie (Andalucía concentra o 62% do total).

Traballos do CSIC identifican as primeiras variedades galegas de oliveira.
Traballos do CSIC identifican as primeiras variedades galegas de oliveira.

O grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia abriu hai máis dun lustro unha liña de investigación sobre oliveira autóctona galega. A dirección Xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, a través de César Iglesias, presentou unha solicitude de recoñecemento oficial das descricións de Brava galega e Mansa galega aos responsables do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. A solicitude acompañouse do envío de datos científicos sobre as citadas variedades de oliveira por parte da Misión Biolóxica de Galicia, que incluíron: a descrición botánica detallada das súas follas, características das olivas, dos ósos ou endocarpos, do seu perfil de ADN, etc., ademais de achegar referencias históricas sobre o seu cultivo, demostrar a existencia de exemplares centenarios e o emprego tradicional dos seus froitos para a elaboración de aceites.

Na actualidade está en marcha un proxecto de investigación financiado pola Fundación Juana de Veiga, cuxo obxectivo é continuar coa recuperación do oliveiral autóctono galego e a súa posta en valor. No marco deste proxecto a Misión Biolóxica de Galicia colabora coa Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia (APAG) e a Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR), para facilitar planta destas variedades ao sector o máis axiña posible, de acordo coas canles establecidas pola normativa vixente.

"Aínda que o noroeste de España non estaba considerado como área de cultivo tradicional desta especie, o cultivo da oliveira estivo presente desde tempos inmemoriais, sendo citada a súa existencia por Herrera en 1513 ou por Hidalgo-Tablada, en 1870. A importancia que a oliveira tivo na antigüidade nesta zona, queda patente pola existencia de numerosos restos arqueolóxicos, como lagaretas primitivas destinadas ao prensado da oliva dos séculos I-II A. C.", explica Carmen Martínez.

"A desaparición do cultivo en Galicia non foi debida á falta de calidade dos seus aceites, senón aos altos impostos sobre as oliveiras decretadas polo Conde Duque de Olivares na primeira metade do século XVII, tal e como se recolle na bibliografía", detalla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 unmais

Desde logo infromanse ben pouco esta xentiña, non sei se se trata das mesmas pero una variedade que é chamada galega en Portugal, é a mais frecuente en Tras-os -Montes, eu teño comprado aceite de esa variedade, e é verdadeiramente bo

1 Elisenda en Camelot

Si, eu tamén. Por certo é unha historia ben interesante a das oliveiras en Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/notic... https://www.lavozdegalicia.es/notic...

2 Elisenda en Camelot

Quero dicir que o teño comprado, o resto descoñézoo e que é exquisito. O centralismo sempre beneficiándonos: primeiro as oliveiras, despois os nosos viños polas liortas con Inglaterrra, despois a nosa carne, despois o leite... Claro coma somos tan resignadiños e sempre andamos co "si señor, como guste señor"... Ah, e non critiques o centralismo que enseguida che dirán que fas política coa historia... A que si Nostrus? Eppur si muove.

3 non tes idea

A variedade "galega" de Portugal é outra, non é galega e non é moi boa. Só ten de galega o nome.

4 Gomesende

E que é ser "galega"? Se repasaras a xeografía histórica saberías que a Gallaecia era extensa e non limitada á autoanemía actual. Presenta na Galiza? Si, por suposto! E dis que "non é moi boa", xa se mira que sabes! A metade do aceite de Portugal é desta variedade, recoñecido internacionalmente, xa se ule que do tema entendes!

5 Le e aprende,.

Ti confundes "galaico" con "galego", que nunca incluiu o norte de portugal. A variedade "galega" de oliva non ten nada que ver con Galicia. http://www.campogalego.com/es/fores...

6 Gomesende

Teófilo Braga (1885), O Povo Português nos seus Costumes, Crenças e Tradições: “O povo português esqueceu as suas origens comuns com o galego, e a fidalguia a sua principal proveniência. No Alentejo chama-se galegos a todos os povos do Ribatejo, como uma reminiscência da antiga unidade territorial da Galiza, que se estendia até ao Tejo. (...)". Si, fáltanche moitas lecturas!

7 E toma

Gallaecia nunca chegou ata o "Tejo", Galegos non son galaicos, Teofilo Braga ten moita caspa, etc...

8 Gomesende

Ser un pobre iñorante pode desculparse e até corrixirse (se hai vontade), ser un suxo provocador non ten cura. Compadezo quen tena que aturarte.