A oposición pide unida que compareza a conselleira de Medio Rural ante a imputación de Fernández-Couto

O tres grupos da oposición --PSdeG, BNG e En Marea-- pediron conxuntamente a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, a raíz da imputación do director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2017 | Actualizada ás 15:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O tres grupos da oposición --PSdeG, BNG e En Marea-- pediron conxuntamente a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, a raíz da imputación do director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.

Así, toda a oposición reaccionou conxuntamente após coñecerse a investigación ao máximo responsable da loita contra os incendios forestais por irregularidades na contratación de medios aéreos.

Concretamente, o director xeral de Ordenación Forestal da Xunta atópase investigado por un presunto delito de prevaricación nunha causa aberta polo xulgado de instrución número 3 de Santiago pola adxudicación do servizo de helicópteros de loita contra incendios nas campañas 2011, 2012 e 2013.

A instrución iniciouse após unha denuncia presentada pola Fiscalía no ano 2013. Ademais de Fernández-Couto --que xa declarou como investigado en abril-- atópanse investigados o ex secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural Francisco José Vidal Pardo e o ex subdirector xeral de prevención contra incendios José Carlos Costas López.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta