(CORR) Buscan un home de 58 anos desaparecido en Carballo (A Coruña) hai un mes

(Atención, aboados. Pregamos sustitúan o teletipo co mesmo titular polo que segue, por un erro da fonte informante sobre o nome do desaparecido, que é José. Desculpen as molestias)

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2017 | Actualizada ás 17:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil busca un home de 58 anos de idade, veciño de Carballo (A Coruña), que desapareceu hai xusto un mes após acudir a unha cita ao centro de saúde.

Desaparecido Carballo
Desaparecido Carballo | Fonte: Europa Press

Diso deu conta o Instituto Armado a través dun comunicado, no que sinalou que se trata de José Anes Pallas, nacido na Laracha en 1959 e veciño de Carballo.

Segundo os datos da Benemérita, o último que se sabe deste home é que o 9 de outubro acudiu ao centro de saúde a Carballo e, a continuación, foi falar co seu xefe; e que ao día seguinte aparcou o seu vehículo nunha rúa céntrica da localidade.

Ademais, a Garda Civil apunta que non ten no seu poder documentación nin teléfonos móbiles, á vez que pide colaboración cidadá para tentar dar con el.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta