Os sindicatos da Xustiza convocan dúas xornadas de folga para protestar contra os recortes do PP na Xunta

Os sindicatos con representación na mesa de negociación da Administración de Xustiza en Galicia convocaron dúas xornadas de folga para os días 1 e 13 de decembro para protestar contra os recortes que puxo en marcha a Xunta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2017 | Actualizada ás 20:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os sindicatos con representación na mesa de negociación da Administración de Xustiza en Galicia convocaron dúas xornadas de folga para os días 1 e 13 de decembro para protestar contra os recortes que puxo en marcha a Xunta.

En concreto, apuntaron que os traballadores deste ámbito sufriron no período 2013-2017 en Galicia unha diferenza salarial de entre 4.000 e 10.000 euros con respecto aos seus homólogos a nivel estatal.

A iso sumaron, a través dun comunicado subscrito por USO, CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO., outras "discriminacións" relacionadas cos descontos por baixa, as substitucións e os reforzos, e criticaron "a falta de negociación" da Xunta.

É por iso que, ademais de concentracións nos centros de traballo o día 16, previron dúas xornadas de folga. E, de persistir a situación, xa avanzaron unha folga indefinida desde finais de xaneiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta