A Xunta quere un grao universitario en inglés, ademais de Filoloxía e Tradución

Di que ten que ter un mínimo de 20 alumnos en primeiro curso e que o 80 por cento dos créditos obrigatorios teñen que ser en inglés.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Máis inglés na universidade pero sen concretar a finalidade dos estudos. O plan de excelencia da Consellería de Educación para o Sistema Universitario de Galicia (SUG) no trienio 2018-2020 recolle o impulso de graos en inglés nas tres universidades galegas, ademais dos estudos que xa hai en Filoloxía Inglesa ou en Tradución e Interpretación.

Taboleiro en inglés
Taboleiro en inglés

Así, estes graos non son títulos 'exnovo', senón que se formula, por proposta da próxima universidade, a creación dun grupo en inglés dentro do título.  Neste caso, o 80 por cento dos créditos obrigatorios do título deberán ser impartidos en lingua inglesa, mentres que será preciso que o grupo conte, polo menos, cun mínimo de 20 alumnos en primeiro curso.

Ademais, a proposta da universidade debe incluír o compromiso de impartir o grupo para os catro anos de duración do título. A previsión inicial é que poida haber tres graos en inglés, un por universidade, no próximo curso. Con todo, a Xunta non detallou como será nin cal será a formación final dos estudantes, máis alá de ser competentes en inglés.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despois da reunión semanal do seu Goberno, no que detallou o contido dun paquete de dez medidas desde plan de excelencia, nos que incluiu a colaboración en graos interuniversitarios, a oferta de graos en inglés e a mellora nas clasificacións internacionais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta