Asisten a un home e unha muller con síntomas de intoxicación por mor dun escape de gas en Monterroso (Lugo)

Un home e unha muller foron evacuados na tarde do xoves polos servizos sanitarios ao Centro de Saúde de Monterroso (Lugo) con síntomas de intoxicación por mor dun escape de gas.

LUGO | 10/11/2017 | Actualizada ás 09:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home e unha muller foron evacuados na tarde do xoves polos servizos sanitarios ao Centro de Saúde de Monterroso (Lugo) con síntomas de intoxicación por mor dun escape de gas.

Segundo informou o 112 Galicia, pasados uns minutos das 19,00 horas do xoves persoal do 061 informou dun posible escape de gas na Praza do Conselleiro Fernando Salgado, en Esporiz, no concello lucense de Monterroso.

Ademais, indicaron que unha ambulancia se dirixía cara ao punto, posto que había dúas persoas que presentaban os mesmos síntomas; mareos e fatiga.

A central de emerxencias do 112 pasou aviso aos Bombeiros de Chantada e aos membros do GES da localidade. Após chegar á vivenda dos afectados e confirmar cheiro a gas, os técnicos da ambulancia procederon a ventilar. Con todo, os membros do GES, despois de facer as medicións, comprobaron que os resultados eran negativos.

O persoal da empresa subministradora do gas tamén foi informado do sucedido polo 112 Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta