Temas: LUGO PSDEG

Besteiristas, susanistas e caballeristas competirán para facerse co control do PSdeG en Lugo

Lara Méndez saúda con "respecto e admiración" que haxa tres candidatos e declárase "neutral" pola "situación delicada" do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A tenente alcalde de Burela, Patricia Otero; o rexedor de Castroverde, José María Arias e o portavoz da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, competirán polo liderato socialista na provincia. Tres candidatos que representan ás tres diferentes sensibilidades na provincia; os que apoian ao presidente da Deputación e á alcaldesa de Lugo, Dario Campos e Lara Méndez; os que apoian ao rexedor e díscolo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e os que están apoiados polo sector de Gonzalo Caballero.

O socialista Álvaro Santos, candidato á secretaría provincial do PSdeG
O socialista Álvaro Santos, candidato á secretaría provincial do PSdeG

De feito, o que se vai ver en Lugo é unha batalla entre os que aínda se declaran firmes defensores do anterior secretario xeral, Xosé Ramón Besteiro; os que apoiaron a Susana Díaz para a Executiva Federal e os que apoiaron a Pedro Sánchez, e que están representados no sector de Gonzalo Caballero, o novo secretario xeral do PSdeG.

Respaldo mariñá

A última en formalizar a candidatura foi a tenente alcalde de Burela, Patricia Otero, formalizou a súa candidatura ás primarias do PSOE provincial á primeira hora deste venres na sede lucense socialista, acompañada da alcadesa de Sarria, Pilar López, e do alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo. Tamén conta co respaldo do alcalde mariñán Alfredo Llano que forma parte da executiva do PSdeG.

Otero aspira a "seguir co proceso de renovación, que se iniciou con Pedro Sánchez e continuou con Gonzalo Caballero". A aspirante considera que conseguirá "a unidade do partido", ademais de pór en valor que se trata dunha muller, dado que "o PSOE loita pola igualdade en todos os aspectos". "Dou este paso por todas grandes mulleres socialistas que ten o PSOE na provincia de Lugo", sinalou.

Debate enriquecedor

Mentres, Álvaro Santos destacou que a presenza de tres candidatos "enriquece o debate", á vez que resume que a súa filosofía pasa pola lema co que se presenta; "lealdade, compromiso e traballo". Ademais, avanza que proporá a "creación dun consello de alcaldes", que se suma ao compromiso de promover "encontros comarcais que culminarán cun encontro provincial".

O outro aspirante e alcalde de Castroverde, José María Arias, comentou que non coñece á terceira candidata, pero subliñou que "o tres" teñen un inimigo "común": o PP. Arias incidiu en que quere que o PSOE "volva ser o que é, que os militantes teñan voz, que falen, que haxa diálogo porque hai anos que non existe". "O partido non existe (en Lugo)", afirma.

O 3 de decembro terá lugar a votación das primarias, nas que máis de 2.100 militantes decidirán sobre secretario xeral provincial. Os aspirantes precisan un tres por cento de avais de militantes, un sesenta asinas.

"Admiración"

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, saudou con "respecto e admiración" que haxa tres aspirantes á Secretaría Provincial do PSOE lucense, en relación a Álvaro Santos, Patricia Otero e José María Arias.

Respecto diso, Méndez, que se confesa unha "persoa optimista" que cre que "o partido está vivo", admite que está en "un momento difícil". "Levamos dous anos sen dirección provincial e levabamos case dúas sen dirección autonómica e isto tamén o sentimos", abundou.

"O feito de que haxa tres compañeiros e compañeiras que dean ese paso, é de respecto e admiración porque se van a comprometer co partido e co 67 concello da provincia onde está implantado o proxecto socialista", celebrou. "Acabamos de pasar un proceso de primarias a nivel autonómico onde había tres candidatos e agora, na provincia de Lugo, temos tres compañeiros e compañeiras que dan ese paso adiante para liderar o proxecto socialista", valorou.

Así mesmo, a alcaldesa de Lugo dixo que se quere manter "neutral". "Como militantes sempre podemos manifestar a nosa opinión, pero dada a situación delicada en que está o Partido Socialista, eu non debo manifestarme neste sentido", concluíu.

Temas: LUGO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Elisenda en Camelot

A ver, porfa, porfa tédenos informados sobre este tema porque é un senvivir e encima eu xa temo que tendo en conta a estratéxica situación da provincia na que me foron a nacer e a súa importancia no mundo mundial nos hackeen as eleccións. http://www.elnacional.cat/es/politi... Coidadiño a fin de semana: que veñen os rusos. E Puchedemón! Mi madriña!

3 Elisenda en Camelot

De todos xeitos grazas por poñer unha nota de humor no día gris.

2 Elisenda en Camelot

Que triste todo isto, non? Vaites, en Cataluña xa só lles debe quedar Paco Frutos para fichar: http://www.publico.es/espana/catalu... O sempre perspicaz López Agudín apunta algunhas ideas de interese: http://blogs.publico.es/fernando-lo... Por certo, quen son os susanistas na provincia de Lugo? E que a este paso non vai haber provincia para tantas faccións, subgrupos ou coma se lles chame.

1 Alberte

Os parvos, os máis parvos e os máis mantidos loitarán pola victoria!!