Medio Ambiente descarga nos concellos a "obriga de controlar" o abandono animal e cans perigosos

Beatriz Mato asegura que a Xunta aplicará a lei de benestar animal, a "máis ambiciosa" do Estado e que obriga a sancionar irregularidades

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2017 | Actualizada ás 13:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, lembrou que son os concellos os que teñen a "obriga de controlar" o abandono de animais nos seus municipios e os encargados de outorgar a licenza para poder posuír un can dunha raza potencialmente perigosa.

Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente
Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente | Fonte: Europa Press

Así respondeu, durante a súa participación nun almorzo informativo de 'Fórum Europa', ao ser preguntada pola actuación da Xunta por mor dos dous casos de dous ataques de cans de razas potencialmente perigosas na última semana en Galicia.

Beatriz Mato, que considera que a lei galega de benestar animal --aprobada no mes de outubro-- está "moi á vangarda" e, se cabe, é "a máis ambiciosa" en comparación coas normativas do resto de comunidades do Estado, chama tamén á concienciación dos donos.

Un animal "é unha responsabilidade, non é un xoguete", dixo a conselleira, quen lembrou que os propietarios dos cans potencialmente perigosos teñen que rexistrar, pór microchip e vacinar aos animais.

A iso, agregou que "as administracións, en concreto a local, ten a obriga de controlar que non haxa abandono" e, en materia de animais perigosos, "seguen un réxime especial".

Nestes casos, di, os propietarios dos animais "teñen que pedir unha licenza de carácter municipal para poder posuír un can perigo e teñen que contar cunha póliza de responsabilidade civil".

APLICAR A LEI

"Máis aló, o compromiso da Xunta é aplicar a lexislación vixente en materia de protección animal e a de cans perigosos", apuntou a titular de Medio Ambiente, quen recoñeceu que a Administración autonómica ten a obrigación de iniciar o procedemento sancionador no caso de que detecte que un propietario non cumpre os requisitos para ter un can destas razas.

No entanto, puntualizou que no caso de ocorrer unha agresión, como pasou no de Covelo (Pontevedra) no que se pediu abrir a vía penal, a actuación da Xunta sería distinta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 luis ferrolan do pisco

Sra. Mato....¿Porqué cando fala so di obviedades ? ......está claro ...se derixe Vd. aos tonto útiles dos seus votantes, porqué a os seus comensales do partido non fai falta decirlles nada ,