O PP defende a Fernández-Couto e reprocha á oposición a súa actitude "inquisitoria"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reivindicou a "presunción de inocencia" de todos os imputados na trama sobre a privatización do servizo de extinción dos lumes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2017 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochou este venres á oposición a actitude "inquisitoria" que está a manter en relación á investigación xudicial aberta sobre o director xeral de Ordenación Forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto, á vez que reivindicou a "presunción de inocencia" de todos os imputados.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Preguntado respecto diso en rolda de prensa, criticou que os grupos censuren "de forma tan alegre" a unha persoa "investigada unicamente pola contratación dun servizo que ten a finalidade de garantir que houbese medios aéreos para a extinción dos lumes".

En concreto, a investigación sobre este alto cargo da Xunta (e outros dous que xa cesaron) iniciouse após unha denuncia presentada pola Fiscalía en 2013, pois apreciou "un grave quebranto" dos principios de "igualdade, publicidade e legalidade" no contrato de helicópteros da Xunta, ao non permitirse "a concorrencia doutras posibles empresas" en 2012 e encomendalo a Inaer por 5,4 millóns de euros.

Neste escenario, sen deixar de lado nin o "respecto absoluto" á Xustiza nin á presunción de inocencia dos investigados, Tellado lembrou que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa esgrimiu informes que sosteñen que "as cousas se fixeron correctas".

Así pois, centrouse na resposta política á oposición, para contrastar as súas declaracións sobre Fernández-Couto coa "laxitude" coa que recibiron as palabras do deputado do BNG Xosé Luís Rivas Cruz, 'Mini', sobre "convidar a merendar aos incendiarios para que non prendan lume ao monte" ou "sacalos do cárcere".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 XUSTADOR MECANICO

Tellado ....condo está calado.....parece intelixente....fale...

4 O. Bejarano

Tellado: Josman xa devolveu os 4000 euros ?

3 Romario

ESTE OUTRO CONCELLEIRO DO pp TEN A "PRESUNCION DE NA CHATARRERÍA" https://www.lavozdegalicia.es/notic...

2 Sebastián Picouto

Terá algunha idea propia este muchacho ou todas son do decálogo/prontuario que lle dá o partido? Que tempos raros nos que Tellado era un intrépido esquerdista no mundo do teatro universitario, da comunicación radiofónica municipal nacionalista, desde a que se burlaba dos dirixentes do PP, do xornalismo comarcal ou como sindicado nunha central nacionalista galega. Non hai nada como a forza da verdade revelada ao converso. Curiosamente agora ten menos problemas para chegar a fin de mes.

1 Defender lo indefendible

Defender lo indefendible no es el camino. A todo porquiño lle chega o seu San Martiño...