Temas: INCENDIOS LUMES

O Goberno cifra en 13,1 millóns os danos económicos dos incendios en Galicia e Asturias

Son as estimacións do Executivo central, que destinará unha partida económica a axudas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de COmpostela | 10/11/2017 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Os danos da vaga de incendios en outubro en Galicia e Asturias ascenden a 13,1 millóns de euros, segundo estimacións iniciais do Goberno central, que promete unha partida de axudas aos afectados a través de distintos Ministerios.

Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves), tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro de 2017
Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves), tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Dos 13,1 millóns de euros, o Ministerio do Interior calculou que as axudas terán un custo de 1,8 millóns para Galicia (Asturias está pendente de datos); o de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, calcúlase en axudas por un importe de 7,5 millóns. Destes, reparar camiños naturais terá un orzamento de 700.000 euros; os danos nas cuncas do Miño-Sil, Cantábrico e Duero, estímase nuns 2 millóns de euros.

Por parte do Ministerio de Fomento, calcúlase que os danos a infraestruturas ferroviarias e en estradas son duns 3,8 millóns de euros.

En principio, o financiamento destas axudas irán con cargo á dispoñibilidade orzamentaria de cada departamento ministerial.

Este martes, durante a sesión de control ao Goberno no Senado, a ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), Isabel García Tejerina, adiantou que "nos próximos días" farase declaración de zona afectada gravemente por emerxencia de Protección Civil a Galicia e Asturias para poder establecer un conxunto de medidas extraordinarias.

O ministro portavoz do Goberno de España, Íñigo Méndez de Vigo, engadiu que por acordo do Consello de Ministros a instancias do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente aprobouse un procedemento de contratación dun servizo de varios medios aéreos cun contrato estimado en 700.048 euros.

Fontes ministeriais precisaron a Europa Press que este importe é parte da campaña de extinción de verán que a consecuencia das condicións meteorolóxicas este ano prorrogouse un mes máis do habitual, até o 30 de outubro.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tomadura de pelo

Para cualquiera que sepa de matemáticas, o que tenga una mínima experiencia en valoración de daños, esta cifra le parecerá una auténtica tomadura de pelo. Es como si después de un incendio a un particular le valoran el coche en 10 euros. Más o menos esa es la proporción. El daño es muchísimo mayor.