Temas: AFUNDACIóN VIGO

Comeza en Vigo un curso sobre Xestión Integrada de Empresa

Trátase dunha nova edición do Mestrado SAP en Finanzas no Campus de Vigo de IESIDE, impartido en colaboración con SAP Formación España e TECNOCOM.

Por GC Emprende | Vigo | 11/11/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

IESIDE pon en marcha unha nova edición do Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa, nesta ocasión especializado en Finanzas, no seu Campus de Vigo. O curso académico deste mestrado, que formou máis de 200 estudantes nas 23 edicións que suma, dará comezo o vindeiro luns 13 de novembro, cun esquema formativo intensivo, de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h.  

Curs organizado polo IESIDE
Curs organizado polo IESIDE

Desenvolvido en colaboración con SAP Formación España e a multinacional TECNOCOM, o Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa permite comprender a xestión das corporacións a través do coñecemento funcional e integrado dos procesos de xestión básicos que achegan as solucións SAP. Os alumnos e alumnas, tras cinco meses de formación, adquirirán os coñecementos necesarios para se converteren en expertos neste software de xestión empresarial. 

Nesta edición que comeza o luns en Vigo, especializada en Finanzas, ademais dunha introdución xeral á contorna SAP, estudaranse os contidos relacionados coas funcionalidades financeiras deste software para a empresa, con módulos específicos orientados aos procesos de Business Planning Consolidation e Reporting Financeiro.

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en 2016 por iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado polos 30 anos de experiencia da súa Escola de Negocios, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria actual. Conta con 168 profesionais, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.

Temas: AFUNDACIóN VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta