A arquidiocese de Santiago atendeu a máis de 116.000 persoas nos seus 348 centros asistenciais ao longo de 2016

A arquidiocese de Santiago atendeu a un total de 116.075 persoas nos seus 348 centros asistenciais ao longo de 2016, nun exercicio no que executou un orzamento de 22,8 millóns de euros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2017 | Actualizada ás 20:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A arquidiocese de Santiago atendeu a un total de 116.075 persoas nos seus 348 centros asistenciais ao longo de 2016, nun exercicio no que executou un orzamento de 22,8 millóns de euros.

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago | Fonte: Europa Press

Ademais, con eses fondos, como detallou o arcebispado a través dun comunicado, mantívose a actividade en 845 parroquias rurais, traballouse con 52.0651 persoas en risco de exclusión e conserváronse 37 bens declarados de interese cultural en toda a diocese.

Así mesmo, destacou que case o 70 por cento dos recursos executados, uns 15,7 millóns de euros, dedícanse a actividades pastorais, asistenciais e á construción de novos templos ou programas de conservación e rehabilitación.

Máis concretamente, un total de 5,9 millóns de euros destináronse a actividades pastorais e asistenciais; outros 5,2 a conservación de edificios e gastos de funcionamento; e 4,6 a rehabilitación e construción de novos templos.

En canto á orixe do diñeiro, un total de 7,7 millóns de euros procede de achegas dos fieis, mentres outros 6,2 chegan da asignación voluntaria a través da declaración da Renda.

Outro dato facilitado polo arcebispado é que na arquidiocese de Santiago hai 1.070 parroquias e 460 sacerdotes, así como que ás retribucións ao clero destínase o 19 por cento do orzamento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta