(AV) O xurado ve probado por unanimidade que o acusado tirou á súa muller pola xanela, pero con eximente de alleamento

O xurado popular declarou a Alberto J.V.G. culpable de matar da súa muller, ao arroxala por unha xanela da súa vivenda en Vigo a finais de outubro de 2015. No entanto, entende que concorre a eximente de alleamento mental por unha ideación delirante de dano/prexuízo de tipo persecutorio centrado na súa esposa, ao crer que o envenenaba.

VIGO | 10/11/2017 | Actualizada ás 21:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xurado popular declarou a Alberto J.V.G. culpable de matar da súa muller, ao arroxala por unha xanela da súa vivenda en Vigo a finais de outubro de 2015. No entanto, entende que concorre a eximente de alleamento mental por unha ideación delirante de dano/prexuízo de tipo persecutorio centrado na súa esposa, ao crer que o envenenaba.

Por unanimidade, os membros do xurado así o determinaron após unha deliberación que se prolongou un sete horas, despois dun xuízo que se celebrou entre este luns e xoves na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Os feitos ocorreron sobre as 4,00 horas do 29 de outubro de 2015, cando Alberto J.V.G., de 62 anos, mantivo unha forte discusión coa súa esposa, María José R.F., de 71 anos; e cando ela tratou de abandonar a vivenda, abalanzouse sobre ela e arrastrouna até tirala por unha xanela con ánimo de darlle morte.

Como consecuencia, a muller sufriu importantes feridas que lle produciron un shock traumático que lle causou a morte pouco despois. No momento dos feitos o home atopábase afectado por unha ideación delirante de dano/prexuízo de tipo persecutorio centrado na súa muller, polo que entende que ha de aplicarse a eximente completa.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta